HomesociedadeKern Pharma xa ten licenza de obra para comezar coa construción da...

Kern Pharma xa ten licenza de obra para comezar coa construción da planta de inxectables no Reboredo

Este mércores visitou o Concello de Monforte, Raúl Díaz-Varela, Presidente de Kern Pharma e Manuel Garrrido, Director Xeral de Laboratorio, reuníndose co Alcalde e a Tenente de Alcalde e visitando os terreos do Polígono onde se vai a ubicar a planta de fabricación de medicamentos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os responsables de Kern Pharma fixeron repaso da situación do proxecto e analizáronse os  detalles construtivos sobre o propio terreo onde se situará a planta, así como tramitacións pendentes de tipo administrativo para facilitar a fluidez das actuacións e que poidan ser unha realidade o antes posible.

O pasado día 28 de febreiro entrou por rexistro do Concello a solicitude de Kern Pharma para a licenza de obras. O Concello deulle prioridade absoluta e en menos de un mes, concedeulle a licenza solicitada. Para elo a administración local tivo que elaborar os informes técnicos pertinentes e solicitar da Deputación de Lugo informes do servizo de Vías e Obras, en relación coa afección que puidera ter esta industria, que se instalará no lateral da estrada provincial LU-P-3205 de Monforte de Lemos a Sober, por Neiras.

Finalmente a Xunta Local de Goberno, aprobou conceder a licenza de obras de construción da nova planta nos terreos situados no Polígono Industrial do Reboredo, parcelas 1C, 2C, 3C. A memoria valorada da nova Planta de Inxectables e o proxecto de obra afecta á 1º Fase de construción da planta e ascende a 31.193.572 €. Nesta primeira fase crearanse uns 50 postos de traballo.

O ICIO que lle corresponde a esta inversión ascende a 623.781,44€, como Monforte é Concello Emprendedor bonificarase a licenza nun importe de 592.592,36 € polo que a empresa Kern Pharma terá que pagar pola licenza de obra 31.189,07€ O concello tamén vai bonificar durante 3 anos o 95% da IAE e o 95% do IBI para facilitar a implantación de novas industrias e a ampliación das existentes ligadas á creación de emprego.

José Tomé, agradeceu a Raúl Diaz-Varela a súa colaboración e o seu interés por crear esta nova planta de inxectables na terra natal de seu pai e creador do grupo INDUKERN, “Cando nos próximos meses Kern Pharma inicie as obras de construción da nova Planta de Inxectables, producirase un antes e un despois no tecido industrial de Monforte que afectará a toda a comarca e que vai contribuir ó crecemento do tecido industrial do Polígono que vai ter que ser ampliado a curto plazo pola demanda que xa está tendo de novas empresas e a ampliación das que xa están instaladas.”

Neste sentido o Concello, xa ten contratado coa empresa “Oficina de Planeamento”, un plan parcial de modificación das normas subsidiarias de planeamento para ampliar o terreo industrial situado na marxe esquerda da nova Rúa que se construíu recentemente no Polígono xunto á gasolineira e ó mesmo tempo, están tramitando con SEA outra ampliación na zona suroeste do Reboredo.

ÚLTIMAS

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...