HomesociedadeQuiroga vístese para a súa Feira do Viño os días 7, 8...

Quiroga vístese para a súa Feira do Viño os días 7, 8 e 9 de abril

A vila de Quiroga prepárase para lucir o máis bonita posible para o acto máis importante do ano, a Feira do Viño. Dende hai unhas semanas trabállase para desenvolver o “Plan de Mantemento da Vila de Quiroga” no que se inclúe a mellora dos elementos urbanos que estaban en mal estado e a limpeza en profundidade das beirarrúas da zona central da vila que comezaba a pasada semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este plan de mantemento que se iniciaba co pintado da vía da rúa Real por parte da Xefatura de Estradas da Xunta de Galicia, continúa agora coa limpeza con máquinas a presión das beirarrúas da zona na que se vai colocar o recinto feiral.

Os traballos de mellora leváronse a cabo nas rúa Courel, Tallos, Pereiro, Campo da Feira e Ánxel Fole. Tamén se incluíron o parque da Igrexa, o parque da praza España, a praza Maior e os xardíns da rúa Rosalía de Castro. Limpeza e pintado de papeleiras, xardineiras e bancos e substitución dos que se atopaban máis deteriorados; substitución da sinalización da rúa Real que o precisaba; colocación de tramos de beirarrúa; pintado da sinalización horizontal das beirarrúas; e o pintado e a substitución de cristais nas farois son traballos incluídos neste plan. Tamén contemplou o arranxo da praza do Albergue Municipal, estendendo unha nova capa de “zahorra”, que despois se compactou.

A última parte que engloba este proxecto, que manexa un orzamento de preto de 100.000 euros, será a mellora da iluminación da fachada da casa consistorial que será en cor, ao igual que as letras da entrada da vila quiroguesa.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...