HomesociedadeVisita do conselleiro de Medio Rural á Feira do Viño de Amandi

Visita do conselleiro de Medio Rural á Feira do Viño de Amandi

José González, acompañado do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiu a esta cita vitivinícola onde puxo de relevo a calidade dos viños da denominación de orixe Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

Na visita a Sober, o conselleiro de Medio Rural reivindicou o labor da Xunta a prol de consolidar o viño galego nos mercados nacional e internacional ao abeiro da “Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia”, que tamén busca potenciar tanto a imaxe de marca e identidade como o turismo vinculado aos territorios nos que se produce.

José González lembrou que a Administración autonómica destina neste 2023 preto de 5,5 millóns de euros á promoción dos nosos produtos de calidade e que a Lei de recuperación de terra e os polígonos agroforestais están a impulsar a posta en valor de grandes áreas de terreo para cultivos de viñedo proxectados para as distintas denominacións de orixe vitivinícolas galegas, entre outros usos.

No que respecta á posta en valor das producións agroalimentarias galegas, cómpre destacar a boa acollida dos viños galegos –incluídos os da DO Ribeira Sacra– na Feira Prowein, que vén de celebrarse recentemente na cidade de Düsseldorf (Alemaña). Trátase do evento máis importante do sector do viño en Europa, no que participaron un total de 67 empresas galegas, acompañadas dos seus respectivos consellos reguladores.

VIÑO DE AMANDI

A Feira do Viño de Amandi chega esta fin de semana á súa edición número 43 para render homenaxe, unha vez máis, aos viños desta subzona da denominación de orixe Ribeira Sacra. Os visitantes poden degustar e mercar este viño mencía en 23 das adegas presentes, e tamén mercar outros produtos da zona, como queixos, pan ou mel.

A festa, declarada de Interese Turístico, busca poñer de relevo a importancia da actividade vitivinícola na Ribeira Sacra, dando impulso e prestixio ao produto resultante do cultivo da vide nos coñecidos socalcos, no marco da chamada viticultura heroica.

Aquí pódese consultar o programa completo da Feira do Viño de Amandi, tendo lugar este domingo o encontro de autoridades convidadas, o pregón de Touriñán e a entrega de premios da cata.

ÚLTIMAS

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...