HomesociedadeComezan as obras da senda peonil na LU-617, na contorna do cemiterio...

Comezan as obras da senda peonil na LU-617, na contorna do cemiterio monfortino

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil na estrada LU-617 na contorna do cemiterio de Monforte de Lemos e do CEIP A Gándara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que se acometen os traballos previos para comezar coa demolición do pavimento actual despois das vacacións de Semana Santa. A actuación conta cun orzamento de case 40.000 euros e consistirá na construción dunha senda peonil nun tramo de 200 metros (entre os puntos quilométricos 0+600 e 0+800), completando así un itinerario seguro dende o acceso ao cemiterio ata a rúa María Paz de Tor, na que se atopa o colexio público da Gándara.

As obras incluirán a pavimentación das beiravías con 25 centímetros de zahorra de canteira e 15 de formigón continuo, reforzado con mallazo. Colocarase, ademais, un bordo prefabricado de formigón de 22×15 centímetros en toda a lonxitude das beirarrúas. Tamén se executarán pasos de peóns e colocarase pavimento táctil na execución dos vaos.

Ademais, para a recollida das augas superficiais prevese a execución de sumidoiros ao longo da traza, que se conectarán á rede de pluviais existente. Prevese, ademais, a canalización do alumeado público e dun prisma de catro tubos para a rede de telecomunicacións, coas súas arquetas correspondentes.

ÚLTIMAS

pavillón sarria

A XUNTA INVISTE 60.000 EUROS NA MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DO PAVILLÓN DEPORTIVO DE...

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web...

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a...

Ruta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25 de outubro

As citas están organizadas pola asociación veciñal San Xoán de Friolfe e o colectivo...