HomesociedadeVeciñanza de Quiroga visita a montaña lucense

Veciñanza de Quiroga visita a montaña lucense

Unha representación da Asociación Boca do Monte dos Anguieiros, na parroquia quiroguesa de Montefurado, visitou o Cebreiro e Triacastela despois de coñecer o Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo. A excursión enmárcase no programa 'Coñece a túa provincia'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, dos Anguieiros en Quiroga, participou este mércores 5 de abril no programa de viaxes Coñece a túa provincia organizado pola Deputación de Lugo.

Socios e socias da entidade visitaron e coñeceron o Pazo de San Marcos, con recibimento do deputado provincial Pablo Rivera Capón, achegáronse posteriormente aos concellos de Pedrafita do Cebreiro e Triacastela.

Foto de grupo no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Foto: Deputación de Lugo.

Un total de 16 persoas formaron parte do grupo que, ademais de coñecer interioridades da sede da Deputación de Lugo como o salón de actos ou o salón de plenos, achegáronse á aldea do Cebreiro onde visitaron a Palloza Museo e o Santuario. Antes de xantar en Pedrafita tiveron tempo para camiñar uns 2 quilómetros do Camiño de Santiago chegando ao punto onde comeza xa a provincia de León.

No punto do Camiño de Santiago onde comeza Galicia e remata León. Foto: Deputación de Lugo.

Xa pola tarde, visitaron a Igrexa de Santiago de Triacasela e deron unha volta polas rúas desta localidade por onde pasa tamén o itinerario xacobeo.

Na xornada estiveron acompañados dunha Guía Oficial de Galicia que, tanto nos traxectos do autocar como nas paradas que se fixeron, foi achegando coñecementos sobre a ruta realizada pero tamén sobre patrimonio e tesouros que ten a provincia de Lugo no seu conxunto.

Esta edición de Coñecendo a túa provincia conta con dúas quendas, a primeira arrancou en marzo e continuará ata xuño, e a segunda será no outono.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...