HomeSucesosReducen o caudal do encoro dos Peares para rescatar unha persoa subida...

Reducen o caudal do encoro dos Peares para rescatar unha persoa subida nunha base da ponte de Pantón

Todo finalizou sen necesitar aos profesionais sanitarios, aínda que si estaban alertados.

Publicado o

- Advertisement -

O caudal do encoro dos Peares tivo que ser reducido este venres para rescatar a unha persoa que permanecía subida a un alicerce da ponte de Pantón.

Segundo informou o 112, un particular alertou de que a persoa, subida a un alicerce de ponte, tiña dificultades para saír debido ao forte caudal do río.

Coa baixada do nivel, efectuada desde a presa dos Peares, a persoa puido saír polos seus propios medios, a pesar de que os Bombeiros de Monforte prestáronlle os elementos necesarios como cordas e un chaleco.

Todo finalizou sen necesitar aos profesionais sanitarios, aínda que si estaban alertados.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...