Homesociedade3000 euros para a Asociación As Cavarcas do Incio

3000 euros para a Asociación As Cavarcas do Incio

Medio Rural da Deputación de Lugo achegará este importe económico para a realización de diferentes actividades da entidade durante este 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Medio Rural da Deputación de Lugo e a Asociación As Cavarcas do Incio desenvolverán ao longo do ano 2023 un programa formativo centrado no aproveitamento produtivo do monte e na conservación do patrimonio cultural.

A área dirixida por Mónica Freire e ocolectivo do Incio asinaron un convenio para levar adiante este proxecto, que inclúe seis xornadas:  Os coidados de soutros tradicionais, a introdución de cultivos arbóreos como as oliveiras, a micoloxía, a afectación dos plásticos agrícolas ao entorno rural, a pegada do Camiño no Val do Mao e a reparación de apeiros de labranza son os temas que se abordarán no marco do programa. A colaboración de Medio Rural fará posible darlle continuidade ao labor dinamizador da devandita asociación.

A deputada de Medio Rural Mónica Freire valorou a iniciativa destas persoas “que puxeron en marcha a asociación fai apenas dous anos para fortalecer o tecido social do Incio e contribuír á recuperación e conservación do patrimonio natural e cultural do concello e do interior da provincia”.

Meses atrás Xornal de Lemos entrevistou ao seu presidente, José Moscoso, que nos puxo ao día desta nova entidade no Concello do Incio.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...