HomesociedadeO Centro Deportivo e de Saúde de Sarria chega aos mil usuarios...

O Centro Deportivo e de Saúde de Sarria chega aos mil usuarios e aumenta actividades

Actualmente xa se están a impartir na piscina climatizada máis cursos de natación dos previstos inicialmente. Trabállase agora para responder á elevada demanda incluindo novos cursos, especialmente para atender aos nenos/as que quedaron fóra por estar cubertas as prazas de todos os grupos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Deportivo e de Saúde (CDS) de Sarria vén de alcanzar a cifra de 1.000 usuarios/as tras experimentar unha subida importante nos últimos cinco meses, “o que confirma o acerto e o éxito da aposta do goberno local pola reapertura e posta en valor da piscina e das instalacións do ximnasio”, sinala o concelleiro de Deportes, Félix Seijas

Segundo os datos aportados pola empresa encargada da xestión, a progresión do número de usuarios/as “vai camiño de triplicarse nun semestre”, xa que a finais de outubro a cifra era de 414, o 31 de decembro de 2022 xa era de 561, o 28 de febreiro deste ano xa subira a 935 e agora chégase á “cifra redonda” de 1.000 usuarios/as.

O edil de Deportes resaltou que a apertura a finais do ano pasado da Sala Fitness supuxo “un revulsivo que potenciou a asistencia ao ximnasio” e lembrou que o goberno local investiu 186.700 euros, mediante a modalidade dun renting, no equipamento con maquinaria cardiovascular e de musculación de última xeración. A maior afluencia ao ximnasio levará a reforzar o apoio aos usuarios/as coa realización de táboas de adestramentos e con máis horas de presenza dun monitor na sala.

Coincidindo co arranque deste mes de abril, o Centro Deportivo e de Saúde aumenta a oferta de actividades con seis novas sesión, situando a programación total en 26: zumba (3 sesións), ciclo indoor (4), pilates (4), crossfit (1), streching (1), gap (3), ximnasia para maiores (3), aeróbic/step (2), ioga (2) e tonificación (3).

“O funcionamento das instalacións está a ser excelente e a acollida por parte da veciñanza, magnífica”, destacou o concelleiro, antes de poñer en valor o feito de que “o índice de penetración dos usuarios respecto ao total da poboación de Sarria sitúase arredor dun 7,5 por cento, mentres que a media das piscinas galegas non adoita superar o 4 por cento, o que confirma o éxito destas instalacións”.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...