HomesociedadeQuiroga exalta o seu viño e a viticultura heroica

Quiroga exalta o seu viño e a viticultura heroica

Quiroga celebrou desde o pasado 7 de abril a XLI edición da súa Feira do Viño, a terceira das Feiras do Viño na Ribeira Sacra despois das citas coa Feira do Viño de Chantada e a Feira do Viño de Amandi. Como nos dous casos anteriores, a vila encheuse de xente para participar das actividades programadas e probar os viños.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A feira destinaba a programación da primeira xornada á viticultura heroica con conferencias sobre o tema e a participación de viños canarios que tamén forman parte do CERVIM catalogados como viticultura heroica, ao igual que a DO Ribeira Sacra.

Nesta xornada contouse con cata dos viños canarios e un Túnel do Viño no que participaron as adegas: El Lomo (D.O. Illas Canarias), Comarcal de Güimar (D.O. Güimar) e Domínguez Cuarta Generación (D.O. Tacoronte-Acentejo), Atrium Vitis, EDV 2015, Fructuoso-Hobbs, Lar de Ricobao, Terrazas de Outeiro e Val de Quiroga como adegas do municipio e Alma de Donas, Algueira, Ponte da Boga, Adega Gullufre e Rectoral de Amandi, da D.O. Ribeira Sacra e Adega Corisca da D.O. Rías Baixas.

Xa durante a fin de semana os viños que se poderían catar nos diferentes postos foron os das adegas nomeadas da D.O. Ribeira Sacra e da adega convidada da D.O. Rías Baixas. A climatoloxía acompañou para que centos de persoas se achegaran tanto o sábado como o domingo a Quiroga. A Feira inaugurábase o sábado pola mañá contando cos conselleiros de Presidencia e Medio Rural, Diego Calvo e José González, e Julio Álvarez, alcalde de Quiroga. O pregoeiro da cita foi o presentandor, Carlos Sobera, que ás 20.30 do sábado eloxiou ante un auditorio repleto, os viños, o val de Quiroga e a gastronomía e a paisaxe da Ribeira Sacra, que aproveitou para coñecer durante a súa visita.

Despois da cita en Quiroga, quedan dúas citas coas Feiras do Viño na Ribeira Sacra, a de Pantón e a de Monforte de Lemos. Este ano contarase ademais con citas vinculadas ao viño no Saviñao, despois de comezar o pasado ano e estréase o concello de Taboada.

Feira do Viño de Quiroga 2023 / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...