HomesociedadeIsabel Rodríguez visita Adegas Moure e fala da importancia do sector do...

Isabel Rodríguez visita Adegas Moure e fala da importancia do sector do viño para a provincia

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez visitou este luns as instalacións de Abadía da Cova, de Adegas Moure, para coñecer in situ o funcionamento desta adega da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Isabel Rodríguez, recalcou hoxe no Saviñao a importancia da modernización da industria do viño na provincia, que xera riqueza e emprego, “para aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sostibles e reducir a pegada ambiental deste sector produtivo, consolidando, deste xeito, os viños da Ribeira Sacra nos mercados internacionais, que veñen de bater un récord histórico de exportacións, con máis de 280.000 litros vendidos na campaña de 2022”.

A subdelegada manifestou que a achega desta e o resto de adegas da Ribeira Sacra é fundamental para a economía da provincia de Lugo, “por iso debemos potenciar tanto a imaxe de marca como o turismo vinculado aos territorios onde se producen, un elemento básico á hora de dar a coñecer a cultura e identidade da Ribeira Sacra fora das nosas fronteiras”.

Ao longo da súa visita Isabel Rodríguez puido comprobar da man do xerente, Evaristo Rodríguez, o marcado signo artesanal desta empresa que mantén desde as súas orixes unha estrutura empresarial familiar e que exporta a diferentes países europeos como Suíza, Alemaña, Austria, Finlandia ou Suecia, e a outros mercados como México, Canadá, USA ou China.

A subdelegada destacou a aposta das adegas da Ribeira Sacra pola innovación non só nas instalacións senón tamén no lanzamento de viños que buscan conectar cos gustos cambiantes e diferentes dos potenciais clientes, moi especialmente das persoas novas, obtendo produtos de excelente calidade. “Así o demostra Abadía da Cova que vén de recibir un “Gran Ouro”, outorgado pola Federación Española de Enólogos, por un dos seus viños brancos, evidenciando o recoñecemento e a calidade na elaboración dos viños do sur da provincia lucense”, subliñou Isabel Rodríguez.

Adegas Moure continúa o seu proceso de crecemento, traballando en 22 hectáreas do territorio, consolidándose como unha entidade innovadora e un referente dentro da Ribeira Sacra. Actualmente, conta con máis de 20 empregados, que traballan na adega de vinificación de viños novos, no laboratorio ou na adega de micro vinificación, onde se desenvolven os proxectos de I+D+I, entre outras instalacións.

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...