HomesociedadeA Federación de Asociacións de Veciños de Lugo solidarízase coa A.V. de...

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo solidarízase coa A.V. de Parteme para que o alcalde de Quiroga os atenda

Desde a Federación denuncian así ante a opinión pública a situación á que o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, ten sometida a este núcleo quirogués.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo reitera o apoio ao pobo de Parteme e critica “a actitude de arrogancia, desprezo e prepotencia coa que o alcalde de Quiroga trata a estes veciños”. O último capítulo, ata o de agora, foi o 23 do mes de marzo. Os veciños de Parteme denunciaron ante a Garda Civil que se valara a única entrada ao pobo desde o día 20 ao 24 de marzo, quedando este practicamente illado durante 5 días, ocasionando graves problemas aos veciños. “Que pasaría se durante estes días se producise algún problema grave de saúde a algún veciño?”, preguntábanse os afectados.

Máis de 20 escritos sen contestar presentados ao alcalde de Quiroga pola veciñanza desta parroquia, “constatan a actitude absolutista, escura, ditatorial,… dun alcalde, que nin sequera -parece ser- contesta os requirimentos do valedor/a do pobo.” Insisten en que a A.V. de Parteme busca que o alcalde os atenda, “para na medida do posible mellorar os seus servizos e a súa calidade de vida. É moito pedir isto en pleno século XXI?”

Entrada pechada / AV de Parteme

Aseguran que varias Asociacións de Veciños da contorna e do Concello de Quiroga se puxeron en contacto coa Federación confirmando esta situación e a actitude do alcalde, “que non escoita aos seus veciños, nin os ten en conta. Un alcalde que non goberna para todos”.

Parteme pide ser escoitado, transparencia nas xestións e racionalizar os recursos públicos investíndoos adecuadamente. “Apoiaremos aos nosos compañeiros de Parteme. Colaboraremos con eles nas accións que deseñen na procura dos seus razoables obxectivos. Pedimos ao alcalde diálogo, xestión compartida e goberno para todos, sen exclusión. Os feitos constatan que xa está ben de abusos e ninguneos aos veciños de Parteme. Vivimos nun réxime democrático e participativo, onde as ASOCIACIÓN DE VECIÑOS teñen un papel que xogar na sociedade, e pedimos respecto para os nosos compañeiros de Parteme”, conclúen desde a Federación.


ÚLTIMAS

L∃EMOS, novo selo de Agrasar Editores que abre a porta a xéneros e voces universais

Desde a súa fundación, Agrasar Editores, foi un piar na preservación e promoción da...

Horario do bus urbano de Monforte os días 5 e 9 de decembro

O Concello de Monforte informa que a empresa de transportes concesionaria do servizo do...

O xulgado arquiva a denuncia por violación grupal nun pub de Sarria

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria decretou...

Este 6 de decembro celébranse os XII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

Todos os grupos pasarán ao longo do serán polos seis bares do municipio: Avenida,...