Homesociedade"Efectos secundarios dos tratamentos oncolóxicos: anorexia e síntomas dixestivos", charla este 21...

“Efectos secundarios dos tratamentos oncolóxicos: anorexia e síntomas dixestivos”, charla este 21 de abril en Chantada

Chantada Contra o Cancro organiza para este venres, 21 de abril, a conferencia "Efectos secundarios dos tratamentos oncolóxicos: anorexia e síntomas dixestivos". A cita, aberta ao público e gratuita, será ás 20:00 h. no Auditorio Municipal de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un dos efectos que causan os tratamentos oncolóxicos é a desnutrición, unha característica común aos pacientes con cancro e que repercute na súa calidade de vida e na súa supervivencia, polo que é moi importante tratala. A mingua parcial ou total do apetito (hiporexia, anorexia) e os síntomas dixestivos (estrinximento, mucosite, disfaxia, etc.) forman parte destes efectos secundarios máis habituais que inflúen dun xeito moi importante no estado nutricional destes pacientes. De todos eles falará a relatora desta xornada: Nazareth Rodríguez Novo.

Nazareth Rodríguez, médica especialista en Endocrinoloxía e Nutrición do HULA, Hospital Universitario Lucus Augusti, será a encargada de impartir esta conferencia-coloquio. É licenciada en Medicina e Ciruxía pola USC, Universidade de Santiago de Compostela  (2008-201), con residencia en Endocrinoloxía e Nutrición (2015-2019) e traballa como médica de Endocrinoloxía na Unidade de Nutrición hospitalaria do HULA dende 2019 ata a actualidade. 

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...