Homesociedade2.800 € en compras! Espectacular premio da nova campaña do CCU de...

2.800 € en compras! Espectacular premio da nova campaña do CCU de Monforte

Baixo o título de "Rally do comercio" convídase a mercar nos 35 establecementos asociados participantes entre o 24 de abril e o 12 de maio para que podan entrar no sorteo de 2.800 euros en compras. Explicamos o funcionamento da campaña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O “Rally do Comercio 2023” é unha campaña de dinamización comercial organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos en colaboración con 35 establecementos asociados.

Trátase dunha iniciativa grazas á cal un cliente do CCU poderá gozar dun premio valorado en 2.800€ en compras e coa que se pretende fomentar o comercio local e recompensar a fidelidade dos clientes que compren nos establecementos participantes.

O Rally do Comercio do CCU de Monforte de Lemos xa está en marcha!”, avisan dende a xerencia da entidade dinamizadora animando deste xeito a mercar nos comercios asociados monfortinos entre o 24 de abril e o 12 de maio para a continuación depositar os tickets de compra nas urnas habilitadas cos datos de contacto (nome, apelidos, DNI e teléfono).

Seguindo os pasos indicados obterase o dereito a participar nun sorteo presencial que se realizará o 12 de maio ás 21:00 horas na Praza de España. A persoa afortunada terá 7 horas (entre as 10.00h e as 14.00h pola mañá e entre as 17.00h e 20.00h pola tarde) para gastar o premio nos establecementos participantes durante a xornada temática “Ola Primavera!” do 13 de maio. Como condición, sinálase que deberá facerse un gasto de 80€ en cada un dos 35 establecementos participantes.

As bases da campaña están detalladas na web do CCU de Monforte.

OLA PRIMAVERA!

Nesta xornada de dinamización comercial, que terá lugar o día 13 de maio, ademais do “Rally do comercio” xa comentado, organizaranse as seguintes actividades cofinanciadas pola Xunta de Galicia:

-Actuación musical do grupo Batucada-Creativa polas principais rúas comerciais: de 11.00h. a 12.30h.

-Taller Infantil e Photocall na Praza de España: de 12.30h. a 14.00h.

-Actuación DJ animador: de 16.30h. a 19.00h. na Praza de España.

-Exhibición de Moda na Praza de España: de 17.30h. a 19.00h.

-Actuación musical de Baturruka Monforte nas principais rúas comerciais: de 19.00h. a 20.30h.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...