HomesociedadeTodo un éxito a 'Festa de Clásicos' de Monforte

Todo un éxito a ‘Festa de Clásicos’ de Monforte

A choiva do pasado domingo 23 de abril non foi impedimento para que o Club Autoclásico Ribeira Sacra celebrara o X Aniversario e a VIII edición da Festa de Clásicos. O participante máis lonxano chegou dende Barcelona.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 23 de abril celebrábase en Monforte a VIII Festa de Clásicos, un encontro organizado polo coñecido Club Autoclásico Ribeira Sacra. Nesta edición participaron 15 clubes, cuns 150 coches inscritos e uns 318 participantes contando tamén a convidados.

O día estivo pasado por auga pero non foi atranco algún para que a explanada da Compañía lucise cos coches de época que chegaron ata este enclave monfortino. Ademais dos vehículos participantes estiveron presentes José Tomé, presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte de Lemos; Luís Guitián, presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e alcalde de Sober; e a homenaxeada, Elvira Veloso, secretaria de dirección en SEAT e impulsora da colección ‘Seat Históricos’, nave A 122 e futuro museo.

O roteiro previsto transcorreu con todal normalidade, circulando os coches por paraxes de gran beleza entre viñedos e miradoiros espectaculares como o do Duque. Tamén foi de gran interese a parada na Adega Cruceiro de Vilachá de Doade.

De volta do Miradoiro do Duque. Foto: Pedro Guitián Martínez.

No que respecta a curiosidades salientar que o coche máis antigo desta edición foi un ‘Morris Minor do 1953’ de Estefan G. E. de Monforte de Lemos, e que o participante que chegaba de máis lonxe foi Amador Carqueijeda. Este último viña de Barcelona facendo o Camiño de Santiago nun Seat 600 acompañado da súa dona.

Peugeot 403. Foto: Pedro Guitián Martínez

Dende a organización agradecen a presenza das autoridades, o apoio de patrocinadores e prensa, e a implicación de todas e todos os participantes que malia o mal tempo achegáronse a Monforte para esta na VIII Festa de Clásicos.

Dende Xornal de Lemos agradecemos tamén a colaboración de Miguel Martínez, un dos organizadores e membro do Club Autoclásico Ribeira Sacra pola información facilitada.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...