HomesociedadeA Asoc. Albores mantén o seu Comedor Social e contará con obradoiros...

A Asoc. Albores mantén o seu Comedor Social e contará con obradoiros de xardinería

Será posible grazas a novas subvencións da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social. Ademais de facer posible a viabilidade do Comedor Social, as achegas cubrirán unha parte novidosa do Programa de Emprego, que se centrará en ofrecer formación práctica de balde en Xardinería.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Albores Saúde Mental contará con dúas novas subvencións da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, para poder financiar parcialmente o funcionamento do seu Comedor Social e o Programa de Emprego ata finais do 2023.

Por un lado, o Comedor Social, único servizo deste tipo no su da provincia, combate a pobreza das familias que contan entre os seus membros con algunha persoa con enfermidade mental. Segundo explican dende Albores: “a miúdo as persoas con estas doenzas perden os seus postos de traballo e tamén atopan barreiras importantes ao intentar reemprender a súa vida laboral, como consecuencia do estigma e os fortes prexuízos sociais”.

Por outro lado, a subvención cubrirá tamén un programa de formación laboral. Trátase dun Programa de Emprego que se centrará en ofrecer formación práctica de balde en Xardinería para mellorar a empregabilidade e competencia das persoas diagnosticadas de calquera enfermidade mental. Dende Albores sinalanque esta acción facilitará “a adaptación do currículo ao mercado laboral da zona, formándoas nun sector con moita demanda de traballadores e traballadoras”.

Quen teña interese en participar en calquera das devanditas actuacións poderá facelo ao longo do ano sempre que existan prazas vacantes. O teléfono de contacto é o 982 404968.

Albores Saúde Mental é a asociación de referencia da zona sur de Lugo (con presenza en Monforte e Chantada) na promoción da saúde integral das persoas con enfermidades mentais, así como na mellora da súa calidade de vida, a das súas familias e a da comunidade. Para achegarse a estes obxectivos, a Asociación realiza actividades de prevención, tratamento e rehabilitación no eido da saúde mental.

ÚLTIMAS

Monforte convoca os XI Premios do Deporte, como novidade o xurado tamén pode propor candidaturas

As bases do concurso aprobáronse este luns, 13 de abril, na Xunta de Goberno...

Formación sobre liderado e competencias dixitais en Monforte

A Fundación 'Acción contra el Hambre' organiza un ciclo gratuíto de obradoiros centrados no...

Sarria<30, programa de formación e emprendemento cultural que chega en maio á comarca sarriá

A programación do Sarria<30 inclúe unha serie de laboratorios que contarán con recoñecidos profesionais...

Sae a licitación por 117.582€, o contrato para o recinto do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

Este mesmo luns, 13 de abril, a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación...