HomesociedadeA Xunta declara de utilidade pública o Polígono Agroforestal de Bóveda

A Xunta declara de utilidade pública o Polígono Agroforestal de Bóveda

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar tres decretos da Consellería do Medio Rural polos que se declaran de utilidade pública e de interese social os polígonos agroforestais de Ver (Bóveda), A Graña de Seoane (Montederramo) e Freixido (Larouco) para poñer en valor unha superficie total de case 300 hectáreas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En abril publicábanse no DOG os acordos polos que se iniciaban os procedementos de aprobación para o desenvolvemento destes tres polígonos agroforestais e logo foi declarada a utilidade pública e interese social por parte do Consello da Xunta. Agora iniciarase a redacción do estudo de viabilidade e o proxecto básico de cada un dos polígonos. Para iso, un dos primeiros pasos será a investigación da titularidade das fincas e, posteriormente, os traballos de reestruturación da propiedade nas distintas áreas, de seren necesarios.

Ao tratarse de polígonos de iniciativa pública, os procedementos serán sometidos a un proceso de concorrencia competitiva. Cómpre ter en conta que a declaración de utilidade pública e interese social implica o recoñecemento da existencia de razóns de interese público para os efectos da aplicación da tramitación de urxencia dos procedementos. Desta forma, poderase avanzar no obxectivo prioritario de poñer en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que acadaron co paso do tempo estados de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha actividade agrícola ou forestal.

O polígono agroforestal de Ver (Bóveda), orientarase á gandaría en extensivo (pastos) e a cultivos forraxeiros/herbáceos nunha extensión de 51,97 hectáreas, cunhas 292 parcelas e 200 propietarios.

As causas polas que procede desenvolver estes tres polígonos son a existencia dun estado de abandono ou infrautilización dun mínimo do 50% da superficie de terras do polígono agroforestal, así como o acordo das persoas propietarias dos predios, acadando ata un 70% da superficie das terras incluídas no perímetro proposto.

A día de hoxe, existen 21 polígonos de iniciativa pública en distintas fases de execución, 13 xa iniciados e oito en fase de actuacións previas. En total, todos eles roldan as 8.900 hectáreas, con máis de 26.000 parcelas involucradas e máis de 7.000 propietarios implicados.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...