HomesociedadeFormación na Pobra do Brollón para coidadores de persoas con demencia

Formación na Pobra do Brollón para coidadores de persoas con demencia

A formación impartirase os días 7 e 9 de novembro no salón de actos do Centro Sociocultural Olga Novo .

Publicado o

- Advertisement -

Afamon (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Monforte), organiza un curso formativo para coidadores de persoas con demencias, coa colaboración de Fagal (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de enfermos de Alzheimer) a Consellería de Política Social e o Concello da Pobra do Brollón .

O seu obxetivo desta formación é posibilitar ós coidadores unha formación adicional, obter o seu recoñecemento, así coma  unha acreditación da súa competencia na atención sociosanitaria a persoas con demencias no fogar. Neste módulo impártense contidos relacionados cos síntomas das demencias, as terapias non farmacolóxicas, a comunicación coa persoa con demencia e o coidado da persoa coidadora.

O curso impartirase no Centro Sociocultural de A Pobra do Brollón os días 7 e 9 de novembro en horario de 16:00 a 20:00 horas. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente en Afamon ou no teléfono 982 41 09 29 en horario de 9 a 14 horas.

 

ÚLTIMAS

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...