HomesociedadeAberto o prazo para recibir propostas de aproveitamento das parcelas da aldea...

Aberto o prazo para recibir propostas de aproveitamento das parcelas da aldea modelo de Francos de Proendos

O DOG vén de publicar a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que aproba as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de propostas de cara ao aproveitamento de parcelas incorporadas a cinco aldeas modelo de Galicia, entre elas Francos de Proendos en Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As persoas interesadas en poñer a producir estas terras terán un prazo de 15 días naturais, contados deste este venres, para facer chegar as súas solicitudes. No caso da aldea modelo de Francos de Proendos, en Sober, establécese unha zonificación dos terreos para definir como actividades principais a explotación gandeira en extensivo, a horta e cultivos de ciclo curto. Como actividade secundaria establécese para unha das zonas definidas a plantación de árbores para obtención de froito. Neste caso, a figura da aldea modelo abrangue un perímetro de 12,87 hectáreas, distribuídas en 119 parcelas de 70 propietarios, en torno ao núcleo que se busca poñer en valor.

Poderán presentar propostas de aproveitamento as persoas físicas, as Administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas traballadoras autónomas. Para o exercicio da súa actividade, as persoas solicitantes deberán dispor das autorizacións, permisos e/ou licenzas administrativas preceptivas, estar inscritas nos rexistros públicos que sexan pertinentes e cumprir con calquera outro requisito esixido polas disposicións aplicables.

Canto ás propostas, deben axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación en cada caso e ás guías de ordenación produtiva aprobadas para cada aldea modelo. O prazo para que a Xunta dite resolución expresa e a notifique será de cinco meses, a contar desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. 

ÚLTIMAS

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...