Homesociedade9 adegas esta fin de semana na XXVIII Mostra de Viños da...

9 adegas esta fin de semana na XXVIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón que pregoa o xornalista deportivo, Tomás Guasch

Ademais da Mostra de Viño que se desenvolve durante toda a fin de semana, o sábado, día 13 de maio celebrarase a VI Romaría Festa da Empanada para a que poden reservar mesas no teléfono 698 157 302.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de abrir os calendarios das Feiras do Viño na D.O. Ribeira Sacra coa Feira do Viño de Chantada, seguíronlle a Feira do Viño de Amandi e a pasada fin de semana a Feira do Viño de Vilachá. Nesta ocasión a fin de semana do 13 e o 14 de maio protagonízaa a XXVIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Nesta XXVIII edición participan 9 adegas: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudáseis, Nogueiras, Capilla, Don Ventura, Saíñas e Corzoás. A apertura das casetas farase ás 12:45h do sábado e 15 minutos despois será a inauguración por conta do Conselleiro de Medio Rural, José González.

O sábado establécese servizo de autobuses con Monforte e Escairón. As saídas desde Monforte serán ás 13:00 e 19:30 e as saídas desde Escairón ás 13:45 e 20:15. Os regresos a Monforte serán ás 2:00 e ás 3:00 e os regresos a Escairón serán tamén nese horario.

Nas dúas xornadas contarase con música durante todo o día, o sábado coas charangas Km0 e Leña Verde e o domingo coas charangas Europa e Unión Phenosa. O sábado despois da inauguración entregaranse os premios do VIII Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra – Viticultura Heroica e haberá batucada de Baturruka Monforte. Ás 14.30 celebrarase a VI Festa de Empanada no recinto do Castro para a que poden reservar mesa no teléfono 698 157 302 e chamando ás panadarías locais para encargar a empanada.

Nesa xornada a partir das 21.30 haberá concerto do Grupo América que volverá a actuar despois do concerto do Grupo monfortino, Malenne ás 23.00.

O domingo ás 13.00 será a lectura do pregón que nesta ocasión correrá por conta do xornalista e comentarista deportivo, Tomás Guasch. O catalán volve a visitar o concello de Pantón, ao que chama a súa casa en Galicia, despois de que recentemente participara nunha charla deportiva xunto a Vicente del Bosque. O domingo completarase con música ás 16.30 do Folión Xograres de Lemos e actuación a partir das 19.00 da orquestra Saudade.

O alcalde, José Luis Álvarez, destacou a importancia desta cita para promocionar o municipio e os seus viños, os únicos con uvas das 3 ribeiras, Miño, Sil e Cabe, como recolle o cartel desta edición.

Este sábado para a inauguración da Mostra contarase tamén coa asistencia da Eurodeputada galega, Ana Miranda, e a Parlamentaria, Carme Aira, que entre as 9.30 e as 11.00 participarán na Rectoral de Castillón nun almorzo de traballo cos sectores produtivos.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...