HomesociedadeComerciantes de Sarria asinan un convenio co Grupo Isonor

Comerciantes de Sarria asinan un convenio co Grupo Isonor

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES) asinou un novo convenio que favorecerá aos seus asociados con importantes avantaxes nas contratacións con este gran grupo empresarial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

ACES asinou o pasado venres 12 de maio un convenio de colaboración co GRUPO ISONOR. En virtude do acordo, os socios e socias terán condicións favorables ao contrataren os servizos deste grupo empresarial do que forman parte empresas como Previsonor, Excelentia ou Lopdat, entre outras. Poderán beneficiarse de reducións de prezos dos servizos e dalgunhas ofertas realizadas en exclusiva para eles.

O Grupo ISONOR presta unha ampla variedade de servizos como son a prevención de riscos laborais, protección de datos, servizos web e marketing on-line, seguridade alimentaria, etc. Con este acordo, os asociados e asociadas da ACES contarán con prezos mellorados á hora de contratar servizos que poden ser de gran utilidade para as empresas e comercios asociados.  

O acordo foi asinado polo presidente da ACES, Ricardo Arias Alvaredo, e por Javier Romay, director comercial de desenvolvemento territorial nacional da devandita empresa. Á sinatura tamén asistiu Yuliana Patricia Castrillón Salazar, consultora comercial. 

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...