HomesociedadeO SAF de Monforte adxudícaselle por 3 anos a Attende Care S.L....

O SAF de Monforte adxudícaselle por 3 anos a Attende Care S.L. por importe de máis de 5,5M€

A Xunta de Goberno de Monforte aprobou esta semana a adxudicación do contrato de Servizo de Axuda no Fogar á empresa Attende Care S.L por un importe de 5.513.724,58 € IVE incluído e un prazo de execución de tres anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A de Attende Care S.L. resultou a oferta mais vantaxosa para o Concello tendo en conta unha pluralidade de criterios de adxudicación en base á mellor relación calidade-prezo, na que se contemplan ademais distintas melloras como:

  • Coordinador con diplomatura en área de servicios sociais a XORNADA COMPLETA
  • Persoal administrativo a XORNADA COMPLETA.
  • Grúas de mobilización persoal: 2 unidades/ano.
  • Camas articuladas motorizadas con colchón adaptado:2 unidades/ano.
  • Colchón “anti escaras”: 5 unidades/ano.
  • Andadores: 5 unidades/ano.
  • Horas de limpeza de choque ou profundidade en domicilio:50h/anuais.
  • Podoloxía a domicilio: 10h/anuais.
  • Fisioterapia a domicilio:20h/anuais.
  • Terapia ocupacional a domicilio:10h/anuais.
  • Transporte asociado a servizos de acompañamento: 20 servizos/anuais.

En canto ao prezo/hora ofertado para o servizo básico, o prezo de licitación en horario ordinario é de 20,22 euros a hora, e de 23,24 euros en horario festivo. Polo que respecta ao servizo de dependencia, o prezo de licitación é de 19,12 euros a hora, en horario ordinario, e de 21,98 euros en horario festivo. Estes son os honorarios aprobados para este ano 2023 e contémplase un incremento dos mesmos para os anos seguintes, 2024 e 2025, que supoñen unha oferta de 21,20 € no 2024 e 21,97 € no 2025 para o servizo básico en horario ordinario e 24,39 no ano 2024 e 25,26 € no ano 2025 en horario festivo. En canto ao servizo de dependencia, os prezos/ hora estipulados para os anos 2024 e 2025 serán de 20,05 € e 20,78 € respectivamente, en horario ordinario, e de 23,05 € no 2024 e 23,89 € no 2025 en horario festivo.

Segundo o alcalde, José Tomé, traballouse exhaustivamente na elaboración das bases para a licitación deste contrato, “dada a importancia e relevancia social que ten. Trátase dun investimento de gran importe, 5.513.724,58 € para un contrato de tres anos, que supón un gran esforzo dende o Concello para desenvolver este servizo social. Finaliza así a prórroga da concesión anterior e comeza unha nova etapa que esperamos se traduza na calidade do servizo tanto para os usuarios que o precisan, como para o equipo de traballadores e traballadoras que o van a desenvolver”.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...