HomesociedadeGraduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela

Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela

O alumnado de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela vén de celebrar o seu acto de graduación no edificio Multiusos de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Foron 53 as/os alumnas/os que o protagonizaron, durante unha tarde na que houbo festa, música, humor… Os recordos puxéronos as alumnas, alumnos e profesores participantes, contouse tamén cunha curta con imaxes do seu paso polo instituto. Posteriormente, cada graduada/o recibiu a súa banda, orla e recordos da súa experiencia durante os anos que estudiaron e gozaron no noso centro.

Contouse coa participación da antigua alumna, Sabela Jorge Vidal, veterinaria, que recordou tamén o seu paso por estas aulas. Pechou o acto o director do Instituto, Enrique Sampil, quen os animou a seguir formándose e a traballar no seu futuro. Rematamose cunha cea de confraternidade.

Acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Sergio Alba presenta ‘Dous rombos… pasa para a cama’ en Sober

Sergio Alba, de xira neste 2025 co seu espectáculo de humor "Dous rombos... Pasa para...

Chantada abre o Poboado de Nadal e acende o alumeado o 5 de novembro ás 20:30h

A montaxe de Nadal en Chantada inaugurarase este venres, 5 de decembro, ás 20:30h....

Gandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou da entrega destes premios que...

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...