HomesociedadeUnha muller precipítase co seu coche desde un muro ata o patio...

Unha muller precipítase co seu coche desde un muro ata o patio dun colexio en Pantón

A condutora e unha menor resultaron feridas leves

Publicado o

- Advertisement -

Unha muller precipitouse co seu vehículo, no que viaxaba tamén unha menor, por un muro duns dous metros para caer no patio dun colexio de Ferreira de Pantón.

O accidente tivo lugar ás 09,30 horas no colexio público Monte Baliño, situado na rúa Bispo Páramo Somoza, como trasladou o CIAE 112 Galicia. No vehículo, que caeu por unha altura de dous metros e aterrou no patio do colexio, viaxaban unha muller e unha menor que resultaron feridas de carácter leve.

Ata o lugar, onde non se produciron máis feridos, mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias 061, Garda Civil e bombeiros de Monforte.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...