HomesociedadeADIF licita o contrato de obras para a supresión do pasos a...

ADIF licita o contrato de obras para a supresión do pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes en Monforte

Na maná deste venres o concello de Monforte informou da recepción por rexistro no día de onte, día 25 de maio, ás 10:46 h da mañá, dunha comunicación de ADIF na que se informa da licitación do contrato de execución do proxecto de supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Fai varios anos que o concello fai as xestións para suprimir estes pasos a nivel e despois urbanizar toda a zona que vai dende o Restaurante Ronda ata a Carretera de Reigada, cambiando o aspecto físico desa Zona dos Barrios da Estación, Morín e Rioseco. As xestións comezaron no ano 2018, aceptando ADIF a solución proposta en outubro do ano 2019.

Inicialmente estaba previsto que se licitara no ano 2022 pero debido ó incremento de prezos dos materiais despois da Pandemia, o Goberno de España aprobou un Decreto e a Xunta de Galicia outro, no que regulaban a revisión de prezos dos proxectos con un incremento aproximado dos mesmos, dun 20%. A previsión do custe destas obras ascendía ao redor de 6.000.000 €, que, unha vez revisados nese 20% aproximado, agora ascende a 8.273.522,43 €.

Na comunicación que entrou por rexistro, o Subdirector General de Pasos a Nivel de ADIF, anuncia a publicación do anuncio de licitación de contrato de execución deste proxecto na línea León-Coruña, no termo de Monforte de Lemos, cun prazo de execución previsto de 16 meses, o que supón que en ano e medio dende o comezo das obras, entrarán en servizo os viais e quedarán cortados os actuais pasos a nivel.

Con estas actuacións construiranse 5 rúas novas, un Paso inferior, unha rotonda e unha Ponte que poñerán en valor a zona afectada. As novas rúas pasarán a ser de titularidade municipal, sendo incluídas no inventario de bens do Concello.

Dende o Concello queren mostrar o seu agradecemento aos responsables de ADIF pola sensibilidade mostrada a esta solicitude, xa que é unha obra de moito calado e que contribúe á seguridade de vehículos e persoas.

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...