Homesociedade30 adegas no Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte que...

30 adegas no Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte que se celebra do 31 de xuño ao 2 de xullo

Este mércores deuse a coñecer o programa e cartel oficial da quinta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, que se celebrará do 31 de xuño ó 2 de xullo no paseo do Malecón da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na presentación o alcalde destacou o incremento no número de adegas participantes, nesta ocasión serán  30 adegas, o número máis alto de participación nas 5 edicións que se levan celebrado do Festival do Viño. Todas estas adegas ofrecerán ó visitante a posibilidade de degustar e gozar dunha ampla variedade de viños nunha contorna natural, tranquila e confortable á beira do Río Cabe. “O Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte,  é unha proposta diferente cun amplo programa de actividades que xiran en torno ó viño, que é o auténtico protagonista do Festival”, sinalou José Tomé.

Como novidade habilítase unha zona de sombreado que abarca todo o recinto así como o acceso ao palco inaugural que será utilizado como Fhotocall2. Haberá Totems informativos co programa ao longo do recorrido para que o visitante poda seguir cada unha das actividades nos diferentes horarios.

Nesta edición participan as adegas: Abadía da Cova, Adega Vella, Algueira, Alma das Donas, Asolagados, Barbadelo, Casa de Outeiro, Adega Corzoás, Cividade, Condado de Sequeiras, Cruceiro, Don Bernardino, EDV, Finca Cuarta, Finca Millara, Galanteiro, Guímaro, Gullufre, Lucenza, Malcavada, Petrón, Peza do Rei, Ponte da Boga, Priscillvs, Rectoral de Amandi, Sabaínzas, Tear, Tolo do Xisto, Val da Lenda, Viña Vella.

Ademais, o Festival contará  cunha Zona de Gastronomía con, “Queso negro. Buleri”, “Lácteos Ribeira Sacra”, “Embutidos Valentina”, “Embutidos Suarna”, “Helados Xeou”, “Xamóns D. Francisco”, “Xamóns Roberto”, “Panadería Fernández”, “Panadería Tuiriz”. E establecementos asociados a “E para comer Lugo”: Brasería Casa Reboiro e Abadía de San Simón

Haberá obradoiros infantís en horario de mañá e de tarde e obradoiros de análise sensorial das distintas para adultos, Alejandro Paadín fará unha MASTERCLASS o domingo ás 12:30 horas, “Viños da Ribeira Sacra vs Viños Internacionais”. Estas actividades son gratuítas e faranse na zona acondicionada como Sala de Catas dentro do recinto do Paseo do Malecón. É necesario facer reserva previa no teléfono +34 621 120 560 ou no email festivalmonforte@gmail.com.

O sábado farase a viño ruta do Sil, Tradición e Viñedos do Sil, con saída ás 15.15 e o domingo ás 10.15 farase a saída da viño ruta, Os viñedos e o río Miño. Contacto 611 533 271 ou enviar un email a festivalmonforte@gmail.com.

Actuacións musicais e programa

Cóntase con 5 actuacións no propio malecón, en dous escenarios, detrás do ambulatorio e outro á altura do Centro Cívico. O obxectivo é “que nos visite moita xente durante os tres días que vai durar o evento, que en definitiva debe supoñer o colofón a todas as feiras que se celebran en varios concellos da Denominación de Orixe do sur da provincia de Lugo”.

Festival do Viño 2023 presentación / Concello de Monforte

Os horarios de apertura e peche dos stands deste Festival do Viño serán:

  • Venres 30 de xuño de 7 da tarde a 12 da noite, sendo á inauguración ás 8:15h da tarde.
  • Sábado 1 de xullo, de 11 da mañá a 3 da tarde, e das 7 da tarde ás 12 da noite.
  • E o domingo 2, de 11 da mañá a 3 da tarde e das 7 da tarde ás 10:30 h da noite.

VENRES 30 DE XUÑO

  • 19:00h. Apertura dos stands.
  • 20:00h. Neutrx. Actuación da Compañía de Danza de Fran Sieira.
  • 20:15h. Acto de apertura do “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2023”. Pregoeiro
  • D. José Mouriño Cuba.
  • 23:00h. Actuación de Sés.
  • 00:00h. Peche dos stands.

SÁBADO 1 DE XULLO

  • 11:00h. Apertura dos stands.
  • 11:30h. Taller de cata. Variedades nobres.
  • 12:30h. Obradoiro infantil. Contacontos Anxo Moure.
  • 13:30h. Taller de cata. Variedades ancestrais recuperadas.
  • 15:00h. Peche dos stands.
  • 19:00h. Apertura dos stands.
  • 19:30h. Obradoiro infantil. Olería Tradicional da Ribeira Sacra – Figulus.
  • 21:00h. Actuación da banda Diboa.
  • 23:00h. Actuación de Xisco Feijoó.
  • 00:00h. Peche dos stands.

DOMINGO 2 DE XULLO

  • 11:00h. Apertura dos stands.
  • 12:30h. Masterclass de Viños da Ribeira Sacra vs Viños Internacionais con Alejandro Paadín.
  • 12:30h. Obradoiro infantil circense. Circonove.
  • 15:00h. Peche dos stands.
  • 19:00h. Apertura dos stands.
  • 19:30h. Obradoiro infantil showcooking. Velaísca Animación.
  • 21:00h. Actuación de Fillas de Cassandra.
  • 22:30h. Clausura do “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2023”.

“A celebración deste evento”, subliñou o Alcalde, “pensamos que vai ser un reclamo importante para atraer xente a Monforte e ó conxunto da Ribeira Sacra, co fin de contribuír a dinamizar a economía da comarca, particularmente o mundo do viño, a hostalería e o comercio.” E engadiu que “queremos que o Festival siga medrando, que cada vez sexa máis atractivo e nos visite máis xente, e que contribúa de xeito importante á promoción dos nosos viños, da nosa paisaxe, da nosa gastronomía, dos nosos museos, dos nosos monumentos e da nosa cultura.”

ÚLTIMAS

3.650 persoas de 150 asociacións participaron do Coñece a túa Provincia que pecha tempada

A Deputación de Lugo vén de pechar esta semana “con éxito” unha nova tempada...

‘La ratita presumida’: Teatro infantil este domingo en Monforte

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro que fai posible a...

105.000€ da Deputación para novos servizos en Taboada

A Xunta de Goberno deste venres aprobou un convenio co concello de Taboada de...

121.000€ para un novo vehículo eléctrico de recollida do servizo da fracción orgánica no Concello de Chantada

Este novo vehiculo supuxo un investimento de 121.000€, aportando a Xunta de Galicia 90.000€,...