HomesociedadeEducación sexual no IES A Pinguela coa sexóloga, Arola Poch

Educación sexual no IES A Pinguela coa sexóloga, Arola Poch

Arola Poch, afamada e mediática psicóloga e sexóloga, desprazouse ata o IES A Pinguela para impartir unha serie de conferencias, por primeira vez presenciais, ó alumnado adolescente deste centro de ensino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Licenciada en Comunicación Audiovisual, é tamén profesora universitaria en estudios de comunicación (UOC). Imparte talleres de educación sexual para rapaces novos e familias. Ten consulta de sexoloxía e parellas (on line e tamén presencial en Málaga) e colabora en distintos medios de comunicación (xornal El País, Radio Nacional de España, etc.).

Arola Poch é autora do libro de educación sexual para adolescentes, “Las cosas claras” (Plataforma Editorial, 2019), doutras eróticas non convencionais “Lo normal es ser raro” (Amazon, 2020) e do libro “A mi rollo con mi cuerpo y mis emociones” (Larousse, 2022) sobre os cambios da nenez á idade adulta.

A súa cercanía, empatía e ganas de escoitar fai que cada vez chegue a máis público, incluídos moitos rapaces novos que lle plantexan as súas primeiras dúbidas. Organizou esta actividade, o departamento de Orientación do IES A Pinguela.

Arola Poch no IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Concentracións no Centro de Saúde de Monforte polas agresións verbais ao persoal

Co lema “Coida a quen te coida. Stop agresións”, demandan rematar coa violencia verbal...

Xornadas de Tecnoloxía no IES Daviña Rey de Monforte

O IES Daviña Rey acolle unha nova edición das Xornadas de Tecnoloxía, evento que...

7 establecementos participan no Concurso de Tapas de Taboada que se celebra os días 13 e 14 de marzo

O concurso terá lugar os días 13 (venres) e 14 (sábado) de marzo con...

Paulino Fierro Cadórniga: “O regreso desde a India non foi sinxelo, de súpeto había unha guerra entre eu e o meu fogar”

O que nos levan demostrado as guerras é que son imprevisibles, están fóra de...