HomesociedadeBar Jardín34, de Monforte, un exemplo de supervivencia á pandemia

Bar Jardín34, de Monforte, un exemplo de supervivencia á pandemia

O establecemento monfortino, situado na zona da Compañía, celebra o seu terceiro aniversario este venres 2 de xuño convidando aos seus clientes a un monólogo do humorista Xan Veiga e a degustación de empanadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coller un local de hostalería na pandemia e saír adiante ten moito mérito, mérito que se explica dende a esperanza, a ilusión e o traballo. Un exemplo témolo en Monforte de Lemos, na zona de terrazas da Compañía, e chámase Bar Jardín34. Esther colleu o bar no 2020 e aguantou malia as dificultades para saír adiante e dicir hoxe que “a verdade é que estamos traballando ben, foi moi difícil na pandemia pero agora imos ben”.

Para celebrar os tres anos que leva na xerencia do local convida á clientela a un monólogo, programado para este venres 2 de xuño ás 21:00 h., e a continuación ofrecerá degustación de empanadas a conta da casa con ambientación musical na que haberá selección dos mellores temas dos 80 e 90.

Xan Veiga. Foto cedida.

XAN VEIGA, HUMORISTA

Monólogo “Made in Galicia” no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera, unha especie de Balbino actualizado.

Xan Veiga tráenos á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela… do moito que cambiaron ou non.

Este humorista de Arzúa estivo no Luar da TVG máis de sete anos contando contos e chistes co cal a experiencia no mundo da narración oral e os recursos para facer rir non lle faltan. Dende hai uns anos arrimoulle experiencias e anécdotas á súa vivencia persoal e creou este texto que resulta unha simpática e retranqueira volta aos 80.

Video compartido en Youtube polo Liceo de Noia

ÚLTIMAS

O rural galego como motor industrial a debate no encontro que Cesuga organizou en Sober

A cita que reuniu a unha ampla representación de persoas vinculadas coa empresa, institucións,...

Prata para Sara Pérez Pallín do Club Atletismo A Gándara no Campionato de España

A gran noticia do torneo chegou da man de Sara Pérez Pallín, quen se...

Pantón, “corazón da Ribeira Sacra”, enxalza o sumiller Luis Paadín no pregón da Feira do Viño

O concello de Pantón celebrou do venres ata este domingo a XXXI Mostra de...

O 15 de maio o Aeródromo das Lamas en Monforte acolle a “Vuelta Aérea Internacional Aerodreams 2026”

A saída da VAIA 2026 está prevista o xoves 14 de maio desde o...