HomesociedadeLaboratorio de ideas educativas-artísticas no Courel

Laboratorio de ideas educativas-artísticas no Courel

A iniciativa enmárcase dentro do proxecto “Laboratorio Mutante”, da cooperativa Outonía, e iníciase este xoves día 8 de xuño en Vieiros, no Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Laboratorio Mutante, un proxecto da Cooperativa Outonía, preséntase como unha iniciativa participativa multiaxente, centrada na experimentación, investigación e innovación cultural con acción directa en oito concellos do interior galego e influencia noutras áreas rurais do estado español.

O obxectivo xeral do proxecto é o desfrute do patrimonio material e inmaterial en áreas rurais periféricas, así como o traballo específico con colectivos vulnerables (diversidade funcional, mulleres adultas maiores, poboación rural xeral…) para garantir o exercicio dos seus dereitos de acceso e participación. Ademais do anterior tamén se dan a coñecer comunidades e territorios case desapercibidos no referente á oferta cultural, como neste caso é O Courel.

LABORATORIO DE CREACIÓN E EXPERIMENTACIÓN

Do 8 ao 12 de xuño terá lugar un primeiro encontro en Vieiros, no Courel Quirogués, dando forma á Peza 2 do proxecto devandito, Laboratorio Mutante. Trátase dun Laboratorio de creación e experimentación da tríada corpo-territorio-identidade e ten como obxectivo o diálogo entre entidades que desenvolven o seu labor artístico-educativo no rural do estado español para poñer en común métodos, triunfos e erros e desenvolver un fanzine conxunto con ferramentas específicas para o traballo comunitario.

Participarán as seguintes entidades: Imago bubo (Extremadura), Mamachama (Canarias), La Underground Colectiva (Extremadura) e Outonía (Galicia). O encontro será facilitado pola cooperativa de Ferrol,  Rexenerando S.Coop.Galega.

Cooperativa Outonía. Foto cedida.

A cooperativa Outonía S.Coop.Galega, impulsora do programa, foi beneficiaria das Axudas para a Diversificación das Actividades Culturais en Entornos non Urbanos da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), promovida polo Goberno de España dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e os Fondos Next Generation.

É o único proxecto financiado por Territorio Cultura, que se centra no rural interior galego cun total de oito concellos e territorios implicados. Cómpre dicir tamén que acadou o 4º posto dos 13 proxectos financiados e dun total de 53 candidaturas.

A organización facilita para o contacto o correo electrónico info@outoniacoop.gal e os teléfonos 622 83 42 18 / 622 83 42 50.

ÚLTIMAS

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...

Unanimidade en Chantada para esixir unha cobertura sanitaria suficiente

Antom Fente, voceiro de Por Chantada-IGV, manifestaba satisfacción pola unión de todas as forzas...

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...