HomeCulturaOutonía, sustentabilidade rural nas montañas do Courel

Outonía, sustentabilidade rural nas montañas do Courel

Outonía é unha cooperativa sen ánimo de lucro posta en marcha por tres mulleres de tres puntos diferentes da montaña interior galega: Macizo Central, Trevinca e O Courel. O seu obxectivo é dinamizar e traballar para dar respostas ás necesidades rurais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tania, Araceli e Paula preséntanse como educadoras sociais con múltiples inquedanzas, formación e experiencia que van dende o xénero e diversidades, a educación ambiental e ó desenvolvemento comunitario.

“No rural non hai futuro” é unha frase que aseguran escoitar moito, por iso decidiron establecerse aquí ao rematar os estudos. “Se non hai case xente e moitos dos servizos básicos para a poboación perigan, é difícil pensar que un proxecto de educación social poida ter acollida neste tipo de territorio. A nosa aposta non é só a de traballar ou gañar cartos, senón a de poder crear un proxecto vital que reverta positivamente na dinamización dos nosos territorios e do rural interior galego. Ese que vemos coma un espazo de gran riqueza e valor e con múltiples posibilidades de desenvolvemento dende unha ollada sustentable e respectuosa,” aseguran.

As súas competencias profesionais, xiran arredor da creación de respostas socioeducativas ás necesidades dos territorios e xentes rurais. Desde a cooperativa, xestan proxectos propios, ao tempo que artellan ideas xunto ás persoas coas que traballan, realizando unha labor de acompañamento dende o deseño do proxecto ate a súa avaliación.

Outonía artéllase arredor de catro áreas principais:

  • Rural, patrimonio e identidade.
  • Educación ambiental, dinamización e cultura da sustentabilidade.
  • Desenvolvemento comunitario e participación cidadá.
  • Educación emocional, xénero e diversidades.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...