HomesociedadeXa se pode pedir cita previa e ser atendido en calquera oficina...

Xa se pode pedir cita previa e ser atendido en calquera oficina do SEPE na provincia

Así o vén de anunciar o pasado xoves 8 de xuño a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. Ademais, o SEPE ofrece atención física nas oficinas de emprego situadas en Chantada, Monforte de Lemos e Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou o pasado xoves que o Servizo de Emprego Estatal, o coñecido SEPE, vén de implantar na provincia o sistema “Distrito único” que posibilita que os usuarios e usuarias do servizo de emprego poidan pedir cita e ser atendidos en calquera das once oficinas de prestacións da provincia, con independencia do seu domicilio.

Isabel Rodríguez avanzou que esta medida, que forma parte do Plan de Av@nce e Transformación deseñado por este organismo dependente do Ministerio de Traballo e Economía Social, redundará nunha mellor calidade do servizo prestado ao permitir aos lucenses a atención presencial na oficina que máis lle conveña, evitando desprazamentos innecesarios e obtendo, deste xeito, unha mellor distribución de cargas de traballo e unha menor demora”.

Antes desta novidade administrativa, cada cidadán e cidadá tiña asignada unha oficina en función da súa residencia, co cal só podía facer trámites na que lle correspondera. Agora, con este novo plan, poderán pedir cita previa e realizar os trámites (prestacións e subsidios, por exmplo) en calquera das oficinas da provincia.

En palabras de Isabel Rodríguez, “o Distrito único enmárcase na aposta do Goberno por reformar e modernizar a xestión so SEPE, un organismo básico para o Estado de benestar e un factor indispensable para a cohesión do territorio” quen informou tamén de que en 2022 case 92.000 persoas recibiron algún tipo de atención na rede de Oficinas de Emprego da provincia. Das 91.861 persoas, 59.421 atendéronse de forma presencial e 32.440 vía telefónica.

CITA PREVIA

Coma sempre, cada cidadán pode solicitar cita, ben a través de Internet, na páxina web Cita Previa do SEPE, ou ben por teléfono. Se o fai por Internet, o sistema móstralle as citas dispoñibles nas oficinas, ordenadas segundo o prazo máis curto para obter unha cita. Tamén se pode elixir o criterio de proximidade, de xeito que o sistema ordena as citas segundo a distancia ao domicilio, e pódese escoller aquela que máis conveña en calquera das sedes da provincia.

Cada día, ás 9:00 horas, ábrense novas citas e o cidadán ten a opción de conseguir a que máis lle interese. O organismo ofrece atención física no sur de Lugo nas oficinas de emprego situadas Chantada, Monforte de Lemos e Sarria.

No proceso de solicitude de cita de ambas as canles incídese especialmente en lembrar que, para a solicitude de prestacións, é necesaria a inscrición previa como demandante de emprego ante o Servizo Público de Emprego da Comunidade Autónoma.

ÚLTIMAS

COGAMI reclama dereitos para as persoas con discapacidade

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, COGAMI e o seu movemento...

Aberto o prazo para solicitar as 1.750 prazas do Lugo Termal con descontos nos balnearios da provincia

A Deputación de Lugo abriu este luns, 2 de decembro, o prazo para solicitar...

Chantada abre o 5 de decembro a programación de Nadal co acendido da iluminación e a apertura do Poboado de Nadal

O Concello de Chantada a través da Concellaría de Cultura prepara unha completa programación...

Ata o 16 de decembro está aberto o prazo para solicitar posto no Mercado de Nadal de Monforte

O Concello de Monforte ten aberto o prazo de inscrición para participar no Mercado...