HomesociedadeBases para participar da XIX Feira Outrora que se celebra en Rubián...

Bases para participar da XIX Feira Outrora que se celebra en Rubián o 14 de xullo

A XIX Feira “Outrora” que organiza o concello de Bóveda terá lugar o venres, 14 de xullo, na parroquia de Rubián. A ambientación será a dunha feira tradicional galega de finais do século XIX e principios do século XX.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Bóveda vén de facer públicas as bases da XIX edición de Outrora. Poderán solicitar un posto na feira artesáns, bares, postos gastronómicos, restauración e comercio (mercadorías destinadas á venda ou exposición pouco ou nada transformados). Non se permitirá vender ningún produto distinto do que conste na solicitude.

Os postos deberán ser aportados polas persoas solicitantes respectando as normas para a súa ambientación que se especifican no punto nº 12 das bases. Non confundir cun mercado medieval. O ambiente é o dun mercado de principios de século XX, moito máis austero. Aqueles postos que teñan necesidades especiais (luz, auga ou calquera outra) deberán comunicalo na solicitude á organización.

Os postos que desexen realizar obradoiro ou demostración deberán comunicalo na solicitude (Tipo de actividade, destinatarios, duración e prezo). Os/as artesáns asumen a responsabilidade sobre o produto exposto na Feira en todo momento.

As persoas interesadas en participar deberán presentar para os postos en xeral: Solicitude debidamente cuberta, Fotocopia do DNI da persoa solicitante, Fotografía recente da parada e dos produtos a vender, Fotocopia de estar dado de alta no IAE (Imposto de Actividades Económicas), Recibo de pago da R.C.

Os postos de alimentación deberán de presentar a maiores: Copia do Carné de manipulador de alimentos. No caso dos postos de artesanía: Copia da carta de artesán/á ou similar e Memoria explicativa da técnica de traballo empregada.

As solicitudes poderán ser presentadas por correo electrónico no enderezo: cultura@concellodeboveda.com, por correo ordinario: Concello de Bóveda. Avda. Alfonso XIII, 85. 27340 Bóveda) ou no rexistro do concello. O prazo estará aberto ata o 30 de xuño de 2023. A organización resérvase o dereito de ampliar o prazo no suposto de que o número de solicitudes presentadas sexa inferior o número de postos que se poden instalar. Na semana seguinte ao peche do prazo comunicaráselle ás persoas solicitantes a súa admisión. No caso de renuncia o/a participante deberá comunicalo á organización.

A selección e colocación dos postos de artesáns será feita polo Concello en función de: o produto de venta e as súas características, a carta de artesán/á, a orde na solicitude, a estética e o interese para os visitantes. A decisión da organización non será susceptible de recurso. Ningún posto poderá ser cambiado do lugar asignado pola organización sen consentimento previo.

A montaxe dos postos poderá realizarse o sábado xoves 13 de xullo a partir das 20:00h. ou o venres 14 de xullo de 8:00 a 9:30 da mañá. Ás 10:00h. da mañá do día 14 os postos deberán estar perfectamente montados e ningún vehículo poderá circular polo recinto. O horario de apertura dos postos é o seguinte: De 10:30 a 20:00 h. podendo pechar para comer de 15:00 a 16:00h. O horario de peche pode ser ampliado en función da afluencia de xente. Non se pode desmontar o posto ata a finalización da feira. A participación na Feira é gratuíta para os postos seleccionados. A asistencia debe ser confirmada antes do día 5 de xullo de 2023.

Normas de ambientación

As persoas participantes deberán decorar a súa parada obedecendo ás seguintes orientacións:

  • Os postos deberán estar construídos en madeira, caña ou breixo, no caso de empregar ferro deberá estar oculto baixo teas.
  • Os motivos e materiais empregados na decoración da parada deberán estar en concordancia coa época.
  • As persoas que atendan a parada deberán estar vestidas da época a recrear (roupa e calzado).
  • Non se poderán poñer parasoles que non sexan de madeira e tea clara, quedando prohibidas as rotuladas. O plástico só será admitido en caso de choiva.

ÚLTIMAS

Compromiso da Xunta para recuperar patrimonio cultural da Ribeira Sacra

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª da Carmen Martínez, referendou o compromiso da...

Só a comarca de Chantada reduce o paro no mes de setembro

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora positivamente os datos do paro...

O BNG denuncia incumprimentos cos viticultores da Ribeira Sacra

O BNG considera necesario que nesta vendima de 2024 as axudas cheguen directamente ás...

Experiencia INCIBE aberta ao público no pabillón do IES A Pinguela, os días 4 e 5 de outubro

Con esta actividade, o Instituto Nacional de Ciberseguridade pretende acercar ó alumnado do IES...