HomeCulturaA conselleira do Medio Rural falou no Círculo Saviñao sobre o futuro...

A conselleira do Medio Rural falou no Círculo Saviñao sobre o futuro do agro galego

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, impartiu o venres a conferencia Entre a tradición e a innovación. Retos de mercado, que organizou o Círculo Saviñao. Nela, situou como algúns dos retos clave para o rural galego a calidade, a remuda xeracional e o coidado do territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira detallou que en primeiro lugar está conseguir que o rural siga sendo rendible, porque sen actividade económica non hai territorio vivo; o segundo reto sería o de producir mellor incrementando os estándares de calidade; como terceiro punto estaría a modernización sen perder a identidade; o cuarto ten que ver coa remuda xeracional; en quinto lugar, ser competitivos e, por último, coidar o territorio.

Desde esta perspectiva, a conselleira puxo en valor a produción agroalimentaria galega en xeral e a da Ribeira Sacra en particular como factores para acadar estes obxectivos. Así, salientou o viño como “unha das grandes bases económicas” da zona, que compite por calidade, identidade e valor engadido. Todo, no contexto dunha paisaxe “única no mundo” e por iso, remarcou, resulta “tan importante a candidatura a Patrimonio da Humanidade”.

Gómez referiuse tamén á condición de Galicia de potencia leiteira e cárnica, destacando os progresos en transformación ou o papel das razas autóctonas, así como aos avances rexistrados noutros eidos, como a produción de mel, de aceite ou o cultivo do castiñeiro. Vinculou ademais este proceso cos esforzos da Xunta por mobilizar terra, a través de ferramentas como o Banco de Terras ou as parcelarias, para que as explotacións gañen tamaño, eficiencia e capacidade para competir. Ao tempo, a conselleira reivindicou a puxanza do sector forestal galego e reiterou a aposta da Xunta pola silvicultura produtiva e pola xestión sostible do monte como pancas de impulso para este eido.

No contexto internacional, dous retos enriba da mesa. En primeiro lugar, a competencia exterior derivada de acordos como Mercosur, un ámbito no que volveu insistir insistiu na necesidade de reforzar os controis e activar as cláusulas de salvagarda en caso necesario. En segundo termo, a futura PAC a partir de 2027, que Galicia quere que estea dotada con recursos suficientes, baseada nunha arquitectura con fondos diferenciados que garanta as axudas directas e os fondos para o desenvolvemento rural, e adaptada á realidade galega.

En relación co reto que supón a remuda xeracional, a conselleira recordou que nos últimos anos máis de 5.000 mozas e mozos se incorporaron ao agro con axudas xestionadas pola Xunta, e puxo de relevo o papel que desempeña a formación. Neste sentido, valorou que os centros de formación e experimentación agraria, os CFEA, teñen hoxe taxas de ocupación próximas ao 100 % en moitos casos. Tamén no eido formativo, fixo fincapé no exemplo que representa a Escola de Pastores e a súa importancia no fomento do gando extensivo e, polo tanto, no coidado do territorio. Outro elemento mencionado pola conselleira e que resulta clave para a fixación da poboación no rural é o da necesaria dotación de servizos. Nesta liña, subliñou que o Plan Leader mobilizou nas últimas tres décadas en Galicia arredor de mil millóns de euros, apoiando máis de 8.000 proxectos e contribuíu á creación e consolidación de miles de empregos.

A próxima cita no Círculo Saviñao será o concerto de Roadrunners (Ramón Arroyo e Jeff Espinoza) o 30 de maio ás 20:00h.

ÚLTIMAS

Monforte comeza este 4 de novembro a mellora de varios parques infantís

O Concello de Monforte inicia actuacións destinadas á mellora, conservación e renovación de varias...

Quiroga celebra o San Martiño do 6 ao 11 de novembro

O venres día 6 de novembro, ás sete da tarde, a Casa da Cultura...

Espertamonforte: “Cun Consello Escolar Municipal, o problema das traballadoras da limpeza dos colexios atallaríase moito antes”

Para Espertamonforte, o mellor exemplo da utilidade dun Consello Escolar Municipal é a situación...

Villares e o alcalde do Saviñao avalían proxectos conxuntos para melloras municipais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo este luns un...