HomesociedadeEn marcha o Centro de Atención a Maiores de Ribas de Sil

En marcha o Centro de Atención a Maiores de Ribas de Sil

No CAM de Ribas de Sil, o noveno da rede provincial, a Deputación ofrece un total de 29 prazas asistenciais e crea 25 postos de traballo directos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente en funcións da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou este xoves ás primeiras persoas que entraron a vivir no Centro de Atención a Maiores (CAM) de Ribas de Sil esta semana. Comprobou o proceso de adaptación dos usuarios e usuarias e compartiu tempo co persoal do centro, “que se puxo esta semana en funcionamento despois de que a Xunta de Galicia bloquease a apertura da residencia da institución provincial durante máis de dous meses”, sinalan desde a Deputación Provincial.

Valorou o mandatario provincial que moitas das persoas que entran estes días a vivir no centro veñen doutras residencias en Ourense ou no Barco de Valdeorras. E sinalou que “esa é a esencia do noso modelo. Un modelo do que estou orgulloso. Un modelo de pequenos centros no que o primeiro son as persoas. Un modelo que prima a proximidade, o arraigo e a atención”.

Hai unhas dez persoas vivindo xa neste centro da Deputación e pouco a pouco irán ingresando novos residentes ata completar as 29 prazas. Unha incorporación gradual dos usuarios e usuarias que implantou a institución provincial na súa rede de centros co obxectivo de que a cohesión do grupo e a adaptación de todos fose máis doada.

Destacou o Presidente a importancia da creación de 25 postos de traballo directos e o peso que ten na empregabilidade feminina, “Empregos directos que se suman á creación da actividade económica, polos produtos e servizos que demandan estes centros: da farmacia ou do supermercado”, engadiu Tomé Roca, que asegurou que do retorno económico beneficiarase Ribas de Sil, Quiroga e toda a comarca.

Explicou tamén que “as competencias en atención ós maiores correspóndenlle á Xunta, pero se a Xunta mira para outro lado e non é capaz de construír residencias para os veciños da nosa provincia, dende logo, dende a Deputación non vamos deixar de atender nunca as vosas necesidades”.

A residencia de Ribas de Sil é a sexta que a Deputación pon en marcha nos últimos catro anos e a novena da rede provincial en funcionamento, xunto coas de Trabada, Pol, Ribadeo, Castroverde, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Meira e Navia de Suarna.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...