HomesociedadeQuiroga inaugura a rúa de la Guardia Civil

Quiroga inaugura a rúa de la Guardia Civil

Este venres tivo lugar un acto de inauguración presidido polo General Jefe da Guardia Civil de Galicia, D. Miguel Ángel González Arias, acompañado polo alcalde de Quiroga en funcións, D. Julio Álvarez, e do Teniente Coronel Jefe accidental da Comandancia de Lugo así como de diferentes mandos da Compañía de Monforte e de Lugo. Tamén estiveron presentes a Subdelegada do Goberno, Dna Isabel Rodríguez, alcaldes da zona sur de Lugo e o Delegado Provincial da Xunta, entre outros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras o corte de cinta descubríronse dúas placas nun monólito de cuarcita habilitado na rúa. Os integrantes do posto da Guardia Civil de Quiroga e unha sección da Comandancia de Lugo formaban durante á inauguración.

Julio Álvarez lembrou que o investimento desta rúa que sobrepasou os 350.000 €, contando coa axuda da Vicepresidencia da Xunta, “coa apertura desta nova vía que une dúas importantes rúas elimínase un baleiro urbanístico para dar paso a unha bonita urbanización”.

O General Jefe da Guardia Civil de Galicia, D. Miguel Ángel González Arias, tivo unhas entrañables palabras para o destacamento de Quiroga, recordando que hai 180 años, un cabo e catro garda civís chegaron a Quiroga para constituír o Posto que aínda segue aberto aínda que en distinta localización. Tamén fixo mención dalgún destes membros da benemérita que destacaron pola súa labor, como homenaxe a todos eles. Na inauguración non faltou a interpretación do Himno da Guardia Civil nin os Viva a Galicia e a España.

Rúa de la Guardia Civil / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

En Pantón xúntanse os homes este 3 de febreiro e o 5 Teatro Interxeracional

O Concello de Pantón desenvolve un Obradoiro de Teatro Interxeracional dentro das actividades do...

Este 3 de febreiro abre o prazo para solicitar a participación na XXII Feira Medieval de Monforte

As bases aprobadas este luns na Xunta de Goberno Local recollen o procedemento de...

O Porco Celta reivindícase en Sarria como motor económico do rural

A subdelegada participou na celebración da XVIII Festa do Cocido do Porco Celta, unha...

Por Chantada propón un plan para incentivar o alugueiro e garantir o acceso á vivenda

Desde o grupo lembran que o dereito a unha vivenda digna e axeitada está...