HomesociedadeAPHEL organiza un curso de Enoturismo en Lugo

APHEL organiza un curso de Enoturismo en Lugo

No curso participan 16 persoas que traballan na hostalería e no turismo en Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) , organiza un curso de Enoturismo que se celebra nas instalacións que esta asociación ten na cidade de Lugo.

Xoán Cannas, Director do Instituto Galego do Viño, é o encargado da formación dos alumnos, que conta con máis de 50 horas lectivas e no que participan 16 lucenses que traballan na hostalería e no turismo. A formación céntrase en aspectos como: a cultura do viño, elaboración de carta, xestión de sala, habilidades comunicativas, xestión do negocio e enoturismo. Os participantes realizan actividades teóricas e prácticas para coñecer, promocionar e informar sobre destinos turísticos, adegas e zonas con interese vitivinícola da Ribeira Sacra; así como dominar todo o relacionado co mundo do viño e todas as súas fases.

O Presidente da Deputación, Darío Campos, e o Presidente da Asociación Provincial de Hostelería de Lugo, Cheché Real, mantiveron un encontro cos participantes do curso. A formación está finaciada integramente pola Deputación cunha achega económica de 15.000 euros.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...