HomesociedadeEn marcha a segunda fase do polígono agroforestal de Bóveda

En marcha a segunda fase do polígono agroforestal de Bóveda

A xuntanza de traballo, a primeira da nova Corporación, senta as bases para iniciar os traballos da segunda fase do polígono agroforestal de Bóveda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, acompañado da concelleira de Medio Ambiente e Medio Rural, Natividad Rodríguez, mantiveron na mañá deste luns unha reunión de traballo cunha representante da empresa Proyestegal, encargada de desenvolver o polígono agroforestal de Bóveda.

A principios do mes de xullo volverá haber unha nova reunión na que participará o Concello de Bóveda, a empresa e AGADER para avanzar nos trámites administrativos correspondentes.

De seguido, abrirase un período de consultas e información para que os veciños e veciñas interesadas/os poidan formalizar a súa adhesión ao polígono agroforestal para o que lles será requirida a documentación de titularidade das fincas. Será os luns, martes e xoves.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...