HomesociedadeMonforte celebra o 29 de xuño a Gala do Deporte, ás 20.30...
Monforte celebra o 29 de xuño a Gala do Deporte, ás 20.30 na casa da cultura
O concello de Monforte anuncia a celebración da Gala do Deporte 2023, despois do parón motivado pola pandemia da Covid-19, que obrigou a suspender este evento dende a súa edición do ano 2019.
A Gala do Deporte ten como obxectivo premiar e poñer en valor o esforzo e a dedicación de deportistas, clubs, adestradores/as, técnicos/as e árbitros/as do concello de Monforte de Lemos, e por iso o alcalde, José Tomé, considera que “é unha estupenda noticia que tamén se volva á normalidade coa celebración desta Gala tan esperada polo mundo do deporte na cidade do Cabe.”
Foron 32 o número total de candidaturas que se presentaron para participar nalgunha das categorías do concurso, para elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e clubs do ano 2022 o que supón unha das edicións con maior número de candidaturas presentadas.
O evento, que xa vai pola súa oitava edición, terá lugar o xoves 29 de xuño ás 20:30 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, e nel daranse a coñecer os gañadores e gañadoras de cada unha das categorías que formaron parte do concurso.
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO
CANDIDATO
MODALIDADE DEPORTIVA
LUIS ANTONIO COTA PÉREZ
VOLEIBOL
DANIEL AREAN GREJS
TAEKWONDO
EDUARDO IGLESIAS SÁNCHEZ
MOTOCICLISTMO
EFRÉN ÁLVREZ VÁZQUEZ
PIRAGÜISMO
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA
CANDIDATA
MODALIDADE DEPORTIVA
CARLA HERNÁNDEZ MARTÍN
VOLEIBOL
LAURA ÁLVAREZ SUÁREZ
TAEKWONDO
NOA DÍAZ QUINTIÁN
PIRAGÜISMO
MARÍA CEDRÓN AIRA
ATLETISMO
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA
CANDIDATO
MODALIDADE DEPORTIVA
GAEL DÍAZ DE LA FUENTE
TAEKWONDO
LUCAS PAVÓN SANMARTÍN
PESCA
DIEGO EXPÓSITO DÍAZ
PIRAGÜISMO
EDGAR ÁLVAREZ SERAFÍN
PIRAGÜISMO
MATEO VALLADARES GALLARDO
PIRAGÜISMO
XOEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ
PIRAGÜISMO
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA
CANDIDATA
MODALIDADE DEPORTIVA
INÉS CASAL PEÑA
TAEKWONDO
ALICIA CASTRO REGAL
TAEKWONDO
ANDREA GUDÍN PÉREZ
NATACIÓN
NEREA GUTIÉRREZ ONTIVEROS
PIRAGÜISMO
SARA INÉS VARELA CORTIÑAS
PIRAGÜISMO
CATEGORÍA MELLOR ÁRBITRO/A
CANDIDATO/A
MODALIDADE DEPORTIVA
ICÍA MARCOS GARCÍA
TAEKWONDO
LAURA CORREAS MARTÍNES
FÚTBOL
CATEGORÍA MELLOR ADESTRADOR/A
CANDIDATO/A
MODALIDADE DEPORTIVA
MIGUEL ÁNGEL DE LA GAMA SERRANO
VOLEIBOL
JOSÉ MARÍA VEGA SÁNCHEZ
TAEKWONDO
EMILIO BELTRÁN DÍAZ
NATACIÓN
LUCÍA MARGARITA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
BALONCESTO
CATEGORÍA MELLOR ENTIDADE DEPORTIVA NA PROMOCIÓN DO DEPORTE
CANDIDATO
MODALIDADE DEPORTIVA
CLUB KORBIS
VOLEIBOL
CLUB TAEKWONDO NEKA
TAEKWONDO
CLUB NATACIÓN MONFORTE
NATACIÓN
A.D.C. MONTEFORTE
FÚTBOL FEMININO
CATEGORÍA MELLOR EQUIPO DE CATEGORÍA ABSOLUTA
CANDIDATO
MODALIDADE DEPORTIVA
CLUB NATACIÓN MONFORTE
NATACIÓN
CATEGORÍA MELLOR EQUIPO CATEGORÍA DE BASE
CANDIDATO
MODALIDADE DEPORTIVA
C.B. VAL DE LEMOS MASCULINO MIXTO
BALONCESTO
CATEGORÍA DEPORTIVIDADE E XOGO LIMPO
CANDIDATO
MODALIDADE DEPORTIVA
C.B. VAL DE LEMOS
BALONCESTO
O xurado do concurso, que ten previsto reunirse nos vindeiros días, terá como cometido analizar cada unha das candidaturas das diferentes categorías e elixir aos distintos galardoados.