En cada solicitude de inscrición os/as alumnos/as poderán inscribirse nun total de dúas materias, de música, danza ou ambas, cunha taxa de 25,00 €. Poderase participar en máis materias cubrindo outra nova solicitude como máximo. O nivel será de iniciación ou avanzado.
As materias de Música estarán dirixidas a alumnos/as a partir de 6 anos de idade e constará de talleres de práctica instrumental en especialidades como, guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta doce, frauta travesa, trompeta, trombón, gaita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega (pandeireta, pandeiro, tambor…).
Materias e datas: Música
- Violín (a partir de 6 anos) do 03/07 ao 04/07
- *Piano 1º grupo (a partir de 6 anos) do 03/07 ao 04/07
- Guitarra (a partir de 6 anos) do 03/07 ao 04/07
- Ukelele (a partir de 6 anos) do 03/07 ao 04/07
- Saxofón (a partir de 6 anos) do 03/07 ao 04/07
- **Percusión moderna (a partir de 6 anos) do 03/07 ao 04/07
- Guitarra eléctrica e acústica (a partir de 6 anos) do 10/07 ao 14/07
- *Piano 2º grupo (a partir de 6 anos) do 31/07 ao 04/08
- *Piano 3º grupo (a partir de 6 anos) do 31/07 ao 04/08
- *Piano 4º grupo (a partir de 6 anos) do 07/08 ao 11/08
- Vento metal/Trombón, Trompeta (desde 6 anos) do 07/08 ao 11/08
- Gaita e frauta doce (a partir de 6 anos) do 21/08 ao 25/08
- Percusión tradicional (a partir de 6 anos) do 21/08 ao 25/08
- Clarinete (a partir de 6 anos) do 21/08 ao 25/08
- Frauta Travesera (a partir de 6 anos) do 21/08 ao 25/08
* En piano será preciso aportar auriculares, así como un xogo de pinturas nos alumnos/as de 6 e 7 anos.
**En percusión moderna será preciso que o alumno aporte un par de baquetas mod.5A e unha pelota de tenis.
Materias e datas: Danza
A parte da danza, está dirixida a nenos/as e xóvenes en xeral a partir de 6 anos. Formaranse distintos talleres por idades en danza tradicional galega, moderna e clásica.
- *Danza tradic. Galega 1 (6 a 9 anos) do 07/08 ao 11/08
- *Danza tradic. Galega 2 (a partir de 10 anos) do 07/08 ao 11/08
- *Danza moderna (6 a 9 anos) do 07/08 ao 11/08
- *Danza moderna (a partir de 10 anos) do 07/08 ao 11/08
- **Ballet clásico (a partir de 6 anos) do 07/08 ao 11/08
