Iniciosociedade8 alumnas/os do IES A Pinguela entre os mellores expedientes de Galicia...

8 alumnas/os do IES A Pinguela entre os mellores expedientes de Galicia na parte xeral das ABAU

Oito alumnos de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela asistiron ó acto de recoñecemento dos mellores expedientes de Galicia na parte xeral das ABAU. Acudiron ó acto Carlota, Eva, Lucía, Pablo e Adrián. Herbert, Betixa e Xiana excusaron a ausencia por viaxes. Herbert ademais é o titular da mellor cualicacion das ABAU da zona sur de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o IES A Pinguela aseguran que “o alumnado sobresaínte do IES A Pinguela nas ABAU case duplica a media de Galicia, ó alcanzar o 18,2% dos presentados ás probas, e somos o 4º centro da provincia de Lugo en número e en porcentaxe de sobrasaíntes.”

O centro únese aos parabéns que o alumnado recibiu do Presidente da Xunta de Galicia, dos rectores das 3 Universidades galegas, alcaldesa de Santiago, representantes de profesores e alumnado, responsable do programa A Ponte USC- Ensino Medio…

Todos coincidiron ó sinalar que no Multiusos do Sar estaba nese momento o mellor talento de Galicia do seu curso. “Ó noso alumnado felicitouno persoalmente tamén o Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, don Román Rodríguez.”

“Estamos orgullosos do resultado das ABAU 2023 e desta promoción de 2º de Bacharelato que nos confiou a súa formación postobrigatoria”, afirman desde o IES A Pinguela. “Dos 44 alumnos/as que superaron as probas, sumando as materias específicas, 7 superan o 13 (16%) unha cualificación que lles permitirá elexir máis fácilmente os estudos da súa preferencia, e que permite visualizar o esforzo desenvolvido durante estes dous cursos”, conclúen desde o centro.

Alumnado IES A Pinguela expedientes de Galicia nas ABAU / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...