HomesociedadeAbre ao tráfico a estrada LU-636 na contorna do Polígono Industrial de...

Abre ao tráfico a estrada LU-636 na contorna do Polígono Industrial de Sarria

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade finalizou as obras de mellora da drenaxe transversal desta vía de comunicación na contorna do polígono industrial de Mourelle. O investimento foi de 56.700 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado venres, 23 de xuño, rematou a reposición do pavimento e reabriuse ao tráfico con normalidade a vía, que comunica este municipio con Becerreá. Os traballos realizáronse no punto quilométrico 3,700,  no marco da reparación de danos causados polo temporal de primeiros de ano nas estradas autonómicas da zona sur da provincia.

Consistiron na substitución da instalación de drenaxe –unha obra de fábrica formada por dous tubos de 600mm de diámetro– por un marco prefabricado de formigón de sección 3,50×1,50m con 13 metros de lonxitude, para ofrecer unha maior capacidade de drenaxe.

A devandita actuación –que conta coa autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil– foi proxectada para cumprir co concepto técnico da avenida dos 500 anos, isto é, para absorber o máximo caudal esperable na zona nese longo período.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...