HomesociedadeEste venres comezan 3 días de Festival do Viño da Ribeira Sacra...

Este venres comezan 3 días de Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

Ás 19.00h deste venres, 30 de xuño, abriranse os stands desta cita festiva ao redor do viño que ten como epicentro o Paseo do Malecón de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurará este venres, ás 20.15h a quinta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte. Posteriormente terá lugar o pregón que nesta ocasión correrá por conta do técnico agrícola e biólogo, José Mouriño Cuba, fundamental nos inicios da Denominación de Orixe.

Participan este ano 30 adegas, o número máis alto de participación nas 5 edicións que se levan celebrado do Festival do Viño. As adegas son: Abadía da Cova, Adega Vella, Algueira, Alma das Donas, Asolagados, Barbadelo, Casa de Outeiro, Adega Corzoás, Cividade, Condado de Sequeiras, Cruceiro, Don Bernardino, EDV, Finca Cuarta, Finca Millara, Galanteiro, Guímaro, Gullufre, Lucenza, Malcavada, Petrón, Peza do Rei, Ponte da Boga, Priscillvs, Rectoral de Amandi, Sabaínzas, Tear, Tolo do Xisto, Val da Lenda, Viña Vella. Todas estas adegas ofrecerán ó visitante a posibilidade de degustar e gozar dunha ampla variedade de viños que non deixarán indiferente a ninguén, nunha contorna natural, tranquila e confortable á beira do Río Cabe.

Como novidade habilítase unha zona de sombreado que abarca todo o recinto así como o acceso ao palco inaugural que será utilizado como Fhotocall2. Haberá Totems informativos co programa ao longo do recorrido para que o visitante poda seguir cada unha das actividades nos diferentes horarios.

Ademais, o Festival contará  cunha Zona de Gastronomía con, “Queso negro. Buleri”, “Lácteos Ribeira Sacra”, “Embutidos Valentina”, “Embutidos Suarna”, “Helados Xeou”, “Xamóns D. Francisco”, “Xamóns Roberto”, “Panadería Fernández”, “Panadería Tuiriz”. E establecementos asociados a “E para comer Lugo”: Brasería Casa Reboiro e Abadía de San Simón

Haberá obradoiros infantís en horario de mañá e de tardee obradoiros de análise sensorial das distintas para adultos, Alejandro Paadín fará unha MASTERCLASS o domingo ás 12:30 horas, “Viños da Ribeira Sacra vs Viños Internacionais”. Estas actividades son gratuítas e faranse na zona acondicionada como Sala de Catas dentro do recinto do Paseo do Malecón. É necesario facer reserva previa no teléfono +34 621 120 560 ou no email festivalmonforte@gmail.com. O sábado farase a viño ruta do Sil, Tradición e Viñedos do Sil, con saída ás 15.15 e o domingo ás 10.15 farase a saída da viño ruta, Os viñedos e o río Miño.

Cóntase con 5 actuacións no propio malecón, en dous escenarios, detrás do ambulatorio e outro á altura do Centro Cívico. O obxectivo é “que nos visite moita xente durante os tres días que vai durar o evento, que en definitiva debe supoñer o colofón a todas as feiras que se celebran en varios concellos da Denominación de Orixe do sur da provincia de Lugo”.

O venres, os stands pecharán ás 12 da noite. Nesta xornada contarase ás 20.00 con actuación da Compañía de Danza de Fran Sieira e ás 23.00 con concerto de Sés.

Fin de semana no Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

SÁBADO 1 DE XULLO

  • 11:00h. Apertura dos stands.
  • 11:30h. Taller de cata. Variedades nobres.
  • 12:30h. Obradoiro infantil. Contacontos Anxo Moure.
  • 13:30h. Taller de cata. Variedades ancestrais recuperadas.
  • 15:00h. Peche dos stands.
  • 19:00h. Apertura dos stands.
  • 19:30h. Obradoiro infantil. Olería Tradicional da Ribeira Sacra – Figulus.
  • 21:00h. Actuación da banda Diboa.
  • 23:00h. Actuación de Xisco Feijoó.
  • 00:00h. Peche dos stands.

DOMINGO 2 DE XULLO

  • 11:00h. Apertura dos stands.
  • 12:30h. Masterclass de Viños da Ribeira Sacra vs Viños Internacionais con Alejandro Paadín.
  • 12:30h. Obradoiro infantil circense. Circonove.
  • 15:00h. Peche dos stands.
  • 19:00h. Apertura dos stands.
  • 19:30h. Obradoiro infantil showcooking. Velaísca Animación.
  • 21:00h. Actuación de Fillas de Cassandra.
  • 22:30h. Clausura do “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2023”.

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...