HomesociedadeA edición máis completa do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra'

A edición máis completa do ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’

O venres quedou inaugurada a 5ª edición desta cita cos viños da Ribeira Sacra. Foi no Paseo do Malecón, lugar que acolle a 30 adegas do territorio protexido e que este ano conta con 2 escenarios, un en cada extremo, para acoller 5 propostas musicais e de danza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, foi o encargado de inaugurar a quinta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, xunto co pregoeiro José Mouriño Cuba, e diferentes autoridades a nivel autonómico, provincial e de concellos da contorna. A apertura das portas do recinto que acolle esta cita cos mellores caldos da Ribeira Sacra foi ás 19:00 h. e o acto oficial ás 20:00 h.

A presenza de 30 adegas fai que este ano sexa o de maior participación dende que se fai o festival vitivinícola. José Tomé, tras agradecer o “compromiso e xenerosidade dos adegueiros e das adegueiras”, dixo que “o éxito deste Festival radica en que en cada edición segue crecendo: este ano terá 3 adegas máis que en 2022. Así que este ano con 30 adegas, será a edición que contará con máis adegas inscritas nos 5 anos de historia do Festival do Viño”.

Presentación oficial coas autoridades. Foto: Concello de Monforte.

UN EVENTO QUE SE CONSOLIDA

Este pasado venres 30 de xuño, día de comezo do festival, xa empezou con moi bo ritmo. Moita presenza de xente nos postos das adegas e gastronómicos, así como nas actuacións que se programaron: unha actuación de danza a cargo de Fran Sieira ás 20:00 h. e o concerto de Sés ás 23:00 h.

Como novidade deste ano aumentan de dúas a cinco as actuacións, o festival alóngase ata o domingo noite e hai dous escenarios, un en cada extremo do recinto feiral. Un está moi perto da Ponte Medieval, e o outro á altura do Centro Cívico. Polo que comentaban as e os asistentes no día de onte, a decisión de achegar as actuacións ao recinto foi unha moi boa idea.

Ademais, o Festival conta cunha zona de gastronomía, perpendicular os stands das adegas, e diferentes actividades paralelas coma obradoiros infantís, dúas ViñoRutas pola Ribeira Sacra, e dous obradoiros para adultos de Cata de Viños da Ribeira Sacra, ademais dunha Masterclass impartida por Alejandro Paadín.

“Dende o Concello de Monforte facemos todo o esforzo necesario para que este certame acade o éxito que merece, porque estamos diante dun investimento que ano a ano ten o seu retorno na economía de Monforte e da Comarca da Ribeira Sacra, e da que se benefician todos os sectores, especialmente o da hostalería e o comercio” comentou o rexedor monfortino.

Ambiente do recinto do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte / XdL

O QUE QUEDA POR DIANTE

Ademais de poder degustar os viños das 30 adegas presentes, na tarde-noite deste sábado 1 de xullo poderase gozar da música da banda Diboa ás 21:00 h.. Música popular brasileira con raíces galegas que fan versións modernas de clásicos dos anos 60 e grandes compositores brasileiros como Joao Gilberto, Caetano Veloso, Gilberto Gil… Un pouco máis tarde, ás 23:00 h., subirá ao escenario Xisco Feijóo. O artista presenta ‘Peixe’, o seu primeiro traballo discográfico coa esencia da música tradicional galega e unha mirada contemporánea.

Xisco Feijóo | Fonte: xiscofeijoo.com

De cara ao domingo 2 de xullo, día de peche, ás 12:30 h. haberá unha Masterclass de viños da Ribeira Sacra contra Viños internacionais a cargo de Alejandro Paadín.

Para os máis pequenos obradoiro circense ás 12:30 h. e outro de showcooking ás 19:30 h.

Como remate musical, ás 21:00 h. actuarán ‘Fillas de Cassandra’. Tradición musical e oral cunha ollada feminista, sons modernos e mitoloxía galega.

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...