HomesociedadeA CIG-Saúde no Hospital de Monforte denuncia que as consultas de dixestivo...

A CIG-Saúde no Hospital de Monforte denuncia que as consultas de dixestivo as pasa un internista

"É lamentable o que está a suceder, por todo elo pedimos á Dirección que contrate a outro dixestivo, xa que a titular está de baixa, ou si non que o manden de Lugo para pasar consulta", demanda o sindicato.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A CIG-Saúde no H.P. de Monforte asegura que os pacientes cando son vistos por un internista na consulta, en ocasións, son derivados á consulta de dixestivo para que os diagnostique e unha vez alí son atendidos polo mesmo internista que os derivou. “Entendemos que cando un internista deriva a un paciente a outra consulta é porque precisa axuda de ese especialista para realizar o seu diagnóstico.”

Piden contar con outro profesional para dixestivo porque “cren que aos doentes se lles está retrasando o diagnóstico porque si un internista te deriva á consulta de dixestivo e alí te volve a ver o mesmo internista, supoñemos que este o terá que derivar de novo á consulta de dixestivo co que se dilata no tempo dito diagnóstico e pódese poñer en risco a saúde do paciente.”

Lembra o sindicato que, na actualidade, faltan no Hospital os dous de dixestivo, dous rehabilitadores, unha pediatra e unha psiquiatra, “con todo o que isto supón para a poboación monfortina, a pesar de que antes das eleccións municipais o Sergas anunciara a bombo e platillo que ían vir 21 especialistas.” O sindicato engade que acaba de coñecer que as dúas hematólogas están de baixa “e a partir de agora só as van cubrir dous días por semana.”

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...