Homesociedade'Carta de Ajuste' actúa en Las Vegas de San Clodio

‘Carta de Ajuste’ actúa en Las Vegas de San Clodio

O dúo de versións dos anos 80 levará o seu mellor repertorio este sábado 8 de xullo para animar a terraza deste local, coñecida outrora como "A Pista".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xerencia do Hotel-Restaurante Las Vegas, establecemento que abriu as súas portas a finais do 2022, vai apostar este verán por animar a súa terraza con espectáculos en directo. Coñecida hai anos como ‘A Pista’ foi un espazo mítico no que se facían bailes aos que viña xente de toda a contorna… e máis alá.

O primeiro evento que se fixo na terraza foi unha churrascada e sardiñada a Noite de San Xoán, encontro no que houbo música do DJ quirogués Míchel, e este sábado 8 de xullo convidan a un concerto con música dos 80 a cargo do dúo Carta de Ajuste. Será este sábado 8 de xullo ás 22:30 h.

Terraza Las Vegas, San Clodio. Foto: XMF.

CARTA DE AJUSTE

Os seus insensatos compoñentes, David Taboada e Iván Valdés, influenciados por agrupacións musicais de corte cómico como Les Luthiers, Académica Palanca ou Los Gandules entre outros, presentan un espectáculo musical trufado de humor e cun repertorio no que teñen cabida todo tipo de xéneros musicais, dende a rumba ou a música disco ata o funk, a música tradicional ou a lambada.

Baixo o lema “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto”, Carta de Ajuste articula un show no que comedia e música fusiónanse a partes iguais, buscando a complicidade e interacción do espectador en todo momento e atrapando a quen se achega nunha festa disparatada pero dentro dun orde.

Este dueto presenta unha formación pouco usual tendo en conta o repertorio que defenden. Unha guitarra española, unha caixa peruana e dúas voces confiren ás versións adaptadas un son peculiar e característico que sorprende, abordando dende un punto de vista diferente cancións que levamos escoitando toda a vida.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...