Homesociedade“Alegría” anuncia as Festas Patronais de Monforte, xa o fixo no 2021

“Alegría” anuncia as Festas Patronais de Monforte, xa o fixo no 2021

O concello de Monforte presentou este luns, o cartel gañador que anuncia as Festas Patronais, que terán lugar do 11 ó 16 de agosto de 2023. O cartel gañador foi o do deseñador murciano Rubén Alejandro Lucas García baixo o pseudónimo “Alegría”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rubén Alejandro Lucas García foi tamén o gañador do concurso de carteis das Festas Patronais de 2021, que por mor da Covid-19, só tiveron a conmemoración do Día da Patroa e os Fogos de San Vicente.

O concurso para elexir cartel anunciador das Patronais chegou este ano á súa vixésimo oitava edición, despois de retomarse no 2015. Establécese todos os anos un premio de 1.000 euros para o cartel gañador. Ó concurso deste ano presentáronse 15 traballos artísticos, un número moi similar ó de pasadas edicións. A maioría deles foron elaborados por veciños e veciñas de Monforte; en concreto foron 9 os traballos a cargo de artistas monfortinos. Tamén chegaron propostas doutras localidades galegas, en concreto, dende Escairón, Castro Caldelas ou A Coruña.

Todos os carteis que se presentaron a concurso, as 15 obras, serán expostos do 7 ó 24 de agosto na Casa da Cultura de Monforte. Unha vez remate dita exposición, os autores non premiados poderán retirar os seus carteis se así o desexan.

Elección do cartel gañador

O xurado, estivo composto por sete persoas de ámbitos sociais, educativos e culturais monfortinos diferentes, así como a Concelleira de Cultura, Marina Doutón. O xurado decidiu o gañador  tras cinco rondas de clasificación, que levaron a tres finalistas que se disputaron o premio final.

A elección do cartel que o xurado considerou como gañador, en verbas do Alcalde “é unha explosión de alegría e cor, moi necesaria tras a pandemia. O cartel aúna a tradición da festa cos elementos icónicos da nosa cidade, integrados todos eles a través dos xogos de cores. Polo tanto, configúrase coma un cartel cheo de dinamismo e cor, que evoca a vitalidade das nosas festas”.

ÚLTIMAS

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...

O BNG de Monforte anuncia que non participará nos actos institucionais do 8M organizados polo Concello

O Grupo Municipal do BNG de Monforte vén de anunciar que os seus concelleiros...