HomesociedadeVisita a Triacastela da Fundación Down de Lugo

Visita a Triacastela da Fundación Down de Lugo

A pasada fin de semana un grupo de homes e mulleres da Fundación Down de Lugo fixo unha visita ao Concello de Triacastela. Aproveitaron para achegarse a Quesos López, en As Pasantes, ver á árbore centenaria de Ramil, tiveron un xantar na Praza do Concello e, xa pola tarde, asistiron a un espectáculo teatral.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Concello foron recibidos pola alcaldesa, Olga Iglesias, e asinaron no Libro de Ouro do municipio. Un dos mozos quere ser político, gústalle o mundo do audiovisual e así o demostra coa súa cámara facendo vídeos e fotos. A outra das mozas encántalle o deporte e compaxina xogar no Lugo con traballar nun laboratorio. Xuntos gozan organizando actividades e enriquecendo as propostas da asociación.

Unha delas foi a primeira muller con síndrome de Down que conseguiu ter traballo en Galicia. Outro dos mozos sufriu dobre discriminación social pola súa discapacidade e pola súa condición étnica, aínda que agora ten un traballo estable e é un exemplo a seguir na asociación.

Hai quen tivo que facer responsable dos coidados dos seus pais e dous mozos son parella desde a infancia. As dificultades que atopan no camiño non son obstáculo para seguir perseguindo os seus soños e para manter vivas as súas ilusións. De aí a importancia de darlles visibilidade e axudarlles.

O Concello de Triacastela está orgulloso de achegar o seu gran de area para que as persoas con síndrome Down poidan participar de actividades cotiás e habituais na súa contorna social. É por iso que “amosa o seu compromiso colaborando con estas actividades de divulgación e concienciación para promover un cambio social no que as persoas con discapacidade intelectual sexan aceptadase respectadas como parte da diversidade.”

Fundación Down visita Triacastela / Concello de Triacastela

ÚLTIMAS

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará con 50.000€ a continuidade do matadoiro de Sarria

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará cun achega de 50.000 euros para a...

Máis dun cento de usuarios e sen lista de espera no Servizo de Atención Temperá de Quiroga

Esta semana reuníronse no salón de plenos da Casa do Concello de Quiroga representantes...

En funcionamento a nova iluminación dos aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela

Á nova iluminación da zona de aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela, destináronse máis...

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...