Homesociedade"Queremos especialistas no noso Hospital", reclama Monforte

“Queremos especialistas no noso Hospital”, reclama Monforte

Este xoves ás 12:00 celebrouse a concentración convocada por CIG-Saúde demandando especialistas para o Hospital monfortino. Sumáronse UGT, SAE e CSIF e Pladesapu. Ademais este mércores celebrouse reunión do Consello Municipal de Saúde, que deu apoio unánime á concentración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A concentración, que se desenvolveu diante do centro hospitalario, foi seguida por unhas 200 persoas que corearon unha demanda clara, “queremos especialistas para o noso hospital”, ante a constante falta de profesionais das diferentes especialidades.

Pladesapu anunciaba que se sumaría a concentración porque “seguimos a carecer de rehabilitador, e temos tamén mermados os servizos de hematoloxía e dixestivo por ausencias que seguen a estar sen cubrirse máis que puntualmente. O mesmo está a ocorrer coa psiquiatría, que sigue cunha soa profesional a efectos prácticos, en lugar de dúas. Esta situación vímola vivindo dende hai meses, a pesar de que en múltiples ocasións se nos asegurou que se cubrirían nun breve periodo de tempo. Hai moitas papeletas para que calquera profesional que se poña de baixa sexa un profesional menos desenvolvendo a súa actividade no centro.”

Consello Municipal de Saúde

O salón de plenos da casa consistorial de Monforte acollía este mércores reunión do Consello Municipal de Saúde. O alcalde deu conta da falta de especialistas en hematoloxía, dixestivo, rehabilitación, neuroloxía, psiquiatría, pediatría, etc., e tólodos participantes fixeron as súas aportacións, acordando por unanimidade facer un recopilatorio de datos referente ás especialidades que están sen cubrir, ou que carecen de especialistas total ou parcialmente, así como a falta de enfermeiras e enfermeiros, e dirixirse tanto ó Xerente da Área Sanitaria de Lugo como á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para demandar que se cubran as prazas de forma urxente.

O Consello Municipal de Saúde tamén daba o seu apoio unánime á concentración deste mércores “consideramos que a propoña quen a propoña, o que se están a defender son os intereses dos cidadáns de Monforte de Lemos e da comarca, considerando que a sanidade é un dereito fundamental de todos e de todas” subliñou o alcalde.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...