Homesociedade"Fentos Festa", o festival de Bóveda que integra diferentes xéneros musicais

“Fentos Festa”, o festival de Bóveda que integra diferentes xéneros musicais

Será o vindeiro 29 de xullo pola tarde-noite na Praza da Filgueira de Bóveda e con propostas entiba do escenario que van dende a música tradicional, pasando pola música de charangas e corais ata o rock clásico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda pon en marcha a 2ª edición do “Fentos Festa” o vindeiro 29 de xullo. Trátase dunha mostra na que participarán formacións de diferentes estilos musicais tendo como escenario a Praza da Filgueira en horario de tarde-noite. A participación local estará representada por unha charanga e unha coral.

“A iniciativa naceu o ano pasado e o resultado foi moi satisfactorio”, apunta o alcalde, José Manuel Arias, quen explica que nesta segunda edición, “a mostra inclúe a actuación dunha charanga, unha banda, un grupo de música e danza tradicional e unha coral, entre outros”

PROGRAMA

A festa arrinca ás 18:30 horas coa actuación da Charanga de Bóveda. Ás 19:00 horas actuará o grupo de música e danza tradicional Meigas e Trasgos de Sarria. Ás 20:00 horas será a quenda da Banda de Música Sons e Soños de Rábade, Outeiro e Begonte. Ás 21:15 horas volverá actuar Meigas e Trasgos de Sarria.

De seguido, ás 22:00 horas actuará a Coral Municipal de Bóveda e para rematar o festival ás 23:30 h. subirá ao escenario o grupo monfortino Doc Magoo’s, unha banda que versiona clásicos do rock de todos os tempos.

Doc Magoo’s en concerto. Foto: Thierry

Todas as actuacións serán de balde, convidando dende o concello a achegarse a vivir unha xornada diferente de música para todos os públicos e gustos.

O evento conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través do programa Tradigalu e do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...