HomesociedadeCortes no abastecemento de auga na rúa Roberto Baamonde o día 26...

Cortes no abastecemento de auga na rúa Roberto Baamonde o día 26 de xullo

O concello de Monforte informa que este mércores, 26 de xullo, levaranse a cabo obras de mellora na rede de abastecemento de auga na rúa Roberto Baamonde, que provocarán cortes no subministro. Tamén dá conta de que que o 31 de xullo remata o prazo para resolver incidencias na recepción da TDT.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras de mellora na rede de abastecemento de auga na rúa Roberto Baamonde faranse na acometida de abastecemento municipal ubicada á altura do nº 1.

Estas obras de mellora suporán que se leven a cabo cortes dende as 9:00 horas no subministro de auga que afectarán á propia rúa Roberto Baamonde, dende a rotonda de Correos ata o cruce coa Avenida de Galicia, e na marxe dereita da Avenida de Galicia á altura da parada de taxis. Os cortes no abastecemento, manteranse ó longo da mañá, mentres dure o desenvolvemento das obras.

LLega 700, compatibilidade rede móbil e TDT

O concello informa que o 31 de xullo rematara o prazo para resolver incidencias na recepción da TDT. O Concello informa o 31 de xullo rematará definitivamente o prazo para solicitar accións gratuítas por parte dos usuarios da TDT, polos posibles efectos que pode provocar a instalación dos novos servizos móbiles de nova xeración en Monforte, 4G e 5G, nas bandas de 700 e 800MHz.

“Llega700” é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da difusión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT.

Para garantir esta compatibilidade, Llega700 pon a disposición dos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen un trámite corrector tras a activación das estacións, para o que esta entidade será a encargada de atender aos usuarios afectados, xestionando e resolvendo os posibles efectos sen ningún custo. Para xestionar estes servizos púxose a disposición dos cidadáns un servizo telefónico gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.llega700.es.

ÚLTIMAS

A UNED de Monforte supera por primeira vez o cento de matrículas

José Tomé, que tamén ostenta o cargo de presidente da Xunta Reitora da UNED...

A comezos do 2026 comeza a funcionar a cociña da Galiña Azul de Chantada

A Galiña Azul do Concello de Chantada forma parte desde o 2008 do Consorcio...

PP e BNG desmontan a fonte de Tomé no Parque dos Condes

A voceira do popular, Katy Varela, amosou o seu desacordo co anuncio de Tomé...

Fin de semana de Máster de Futbolín de Sarria

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou...