HomesociedadeO último venres de cada mes o Punto Limpo de Quiroga abrirá...

O último venres de cada mes o Punto Limpo de Quiroga abrirá gratuítamente

Ademais desta xornada gratuíta e de portas abertas mantense o servizo de recollida a domicilio para levar estes residuos ao Punto Limpo chamando ao teléfono 636.69.35.00. Este servizo ten un custo que rolda os 3€ por electrodoméstico, ao que se engaden 22 céntimos polos km que sexa preciso recorrer ata o lugar indicado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Punto Limpo onde deben depositarse os residuos voluminosos (mobles, colchóns,…)  restos metálicos do fogar, cascallos de pequenas obras (ata 25 quilos), electrodomésticos, pilas ou baterías,… abrirá gratuitamente un día ao mes para que as persoas que o desexen poidan levar directamente aqueles refugallos dos que se queiran desfacer. O día escollido é o último venres de cada mes, polo que neste mes de agosto será o día 25. O horario entre as nove da mañá e a unha do mediodía.

Mantense a apertura do punto limpo previa cita fóra da xornada de portas abertas, pero neste caso tamén é preciso abonar a taxa correspondente por residuo que se vaia depositar.

O concelleiro de Medio Ambiente, Luís Manuel Arias, asegura que “a medida tómase para evitar que aparezan vertedoiros ilegais nalgún punto do municipio” e abre a posibilidade de que dependendo da demanda existente na xornada de portas abertas do Punto Limpo, póidase levar a cabo dous días ao mes.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...